Etiopía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: roa-tara:Etiopie
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 286: Liña 286:
[[sg:Etiopïi]]
[[sg:Etiopïi]]
[[sh:Etiopija]]
[[sh:Etiopija]]
[[si:ඉතියෝපියාව]]
[[simple:Ethiopia]]
[[simple:Ethiopia]]
[[sk:Etiópia]]
[[sk:Etiópia]]

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2011 ás 01:38

Modelo:Infobox País Etiopía (Ityop'iya, en amhárico, ኢትዮጵያ) é un país africano, limitado ao norte pola Eritrea, ao leste por Xibutí e pola Somalia, ao sur polo Quenia e ao leste polo Sudán. A súa capital é Adis Abeba.

Historia

Cunha das historias mais antigas do mundo – segundo descubertas recentes, a especie Homo sapiens pode ter sido orixinada nesta rexión – Etiopía é igualmente un dos países mais antigos de África. As súas orixes remóntanse aos reinos de Saba (ou Shebah) referidos na Biblia que aparentemente, arredor do ano 1000 a.C., abranguían todo o Corno de África e mais parte da Península Arábica.

Fontes gregas refiren que o reino de Axum era extremadamente rico no século I e a cidade de Adulis é frecuentemente mencionada como un dos mais importante portos de África. Rexistros oficiais, con todo, colocan a cidade de Aksum como a capital, onde se atopaba a corte da Raíña de Sabá. Este reino tiña, no século II dereito a tributo de estados da Península Arábica e conquistara incluso o reino meroítico de Kush, no actual Sudán. Hai indicacións do carácter cosmopolita deste reino, con poboacións xudaicas, nubias, cristiás e mesmo minorías budistas.

Deste xeito, a Etiopía (ou Abisinia, como era referida polos europeos) nunca foi colonizada polos expansionistas, e, no século XIX, foi convidada para a Conferencia de Berlín, onde as potencias coloniais decidiron a división de África, e conseguiu manter a súa independencia grazas á vitoria en Adua do emperador Menelik II sobre o exército de invasión italiano. Despois da Primeira Grande Guerra, a Abisinia, gobernada polo emperador Hailé Selasié, integrouse na Liga das Nacións, e apenas perdeu a súa independencia entre 1936 e 1941, cando o exército de Mussolini a invadiu – Italia posuía dúas pequenas colonias no Corno de África, a Eritrea e a Somalilandia, e tiña vontade de se tornar un imperio, aliándose coa Alemaña nazi – mais o negus recuperouna, con auxilio da Gran Bretaña (onde se refuxiara) e comezou a modernizar o país.

En 1963, a Etiopía participou na fundación da Organización da Unidade Africana, que colocou a súa sede en Adis Abeba. No 1974, o emperador foi deposto nun golpe militar, liderado por Mengistu Haile Mariam, mais o goberno despótico que se seguiu, de carácter marxista e dirixido por un comando militar, o Derg, non conseguiu, nin desenvolver, nin estabilizar politicamente o país e, en 1991, este goberno foi deposto por un movemento de guerrilla, comandado por Meles Zenawi.

Como Presidente interino e Primeiro Ministro, cargo que ocupa ata hoxe, Zenawi conseguiu, en 1993 negociar a independencia da Eritrea, pondo momentaneamente fin a cerca de 30 anos de guerra. Unha Asemblea Constitutiva foi elixida en 1994 e, no ano seguinte, proclamouse a República Federal Democrática da Etiopía e, en eleccións xerais, Zenawi foi constitucionalmente proclamado Primeiro Ministro.

Entre tanto, as ambicións nacionalistas dos eritreos superpuxéronse e a guerra recomezou para apenas terminar en 2000, coa intervención da ONU e da OUA; nese mesmo ano, houbo novas eleccións, continuando Meles Zenawi ao fronte do goberno.

Xeografía

A Etiopía está localizada no nordeste de África, entre as latitudes 6º - 15º N, ten unha área total de 1.127.127 km2 e 5311 kn de fronteiras terrestres (é un país interior) con: Eritrea, a norte (912 km), Quenia, a sur (830 km), Somalia (1626 km) e Djibouti (337 km), a leste e Sudán, a oeste (1606 km).

O país é cortado polo medio, na dirección nordeste-sudoeste, pola Grande Vale do Rift, o que lle confire unha configuración particular. É formado por dous planaltos montañosos, un de cada lado do Vale e, a leste, xunto à Somalia, unha grande planicie semi-desértica; a nordeste, partilla co Djibouti o Triangulo de Afar, que é tamén unha planicie desértica e volcánica.

Organización territorial

Antes de 1996 Etiopía estaba divida en 13 provincias (14 antes da independencia de Eritrea en 1993). Actualmente Etiopía ten un sistema gobernamental graduado, que consta dun goberno federal, estados rexionais, zonas, distritos (woredas), e comarcas (kebele).

Na actualidade, Etiopía está dividida en 9 rexións administrativas baseadas na etnia (astedader akababiwach, singular - astedader akabibi) e 2 cidades:

Economía

Artigo principal: Economía de Etiopía.

A economía de Etiopía está baseada na agricultura que absorbe o 45% do Produto Interior Bruto, o 90% das exportacións e o 80% da man de obra. O produto principal é o café destinado na súa case integridade á exportación, do que viven directa ou indirectamente o 25% da poboación. Este alto volume, unido á variabilidade dos prezos internacionais do café, fan que a balanza exportadora sexa moi vulnerable

Os procesos de seca, agravados na década dos 80 do século XX, converteron grandes extensións de terreo de cultivo en áridas ou semiáridas, en parte polas condicións climáticas, en parte pola tala de árbores para leña. Os desprazamentos de poboación e de refuxiados con ocasión das múltiples guerras con Eritrea, facilitaron o asentamento de gran número de poboación en zonas con apenas recursos agrícolas e gandeiros, o que provocou fames negras e persistentes degradacións do chan que non se recuperou. Na actualidade, e tras a firma da paz definitiva con Eritrea, o número de persoas dependentes da axuda interior ou exterior para a supervivencia reduciuse de 4,5 millóns de persoas en 1999, a 2,7 millóns de persoas en 2003.

En canto á minería, Etiopía ten reservas de ouro e tantalio, así como mármore, potasa, mineral de ferro e gas natural. As explotacións deste último sufriron diversas convulsións e altibaixos con ocasión dos múltiples conflitos bélicos ata 2002.

O alto nivel de dependencia do sector enerxético (petróleo) e os elevados gastos militares, manteñen aínda debilitada a economía, que presenta grandes cambios segundo a zona do país da que se trate. A tensa relación con Eritrea impide o uso dos portos eritreos de Assab e Massawa, deixando o de Xibutí para a saída ao mar dos produtos etíopes.

Na actualidade desenvólvese un plan económico baseado no incremento do uso da enerxía hidroeléctrica, a explotación do gas natural, a recuperación de zonas agrícolas e a diversificación das actividades económicas, dentro dunha economía aínda moi centralizada e dependente do sector público e da axuda estranxeira.

No período 2003-2005 a economía etíope creceu máis dun 10%, aínda que o crecemento foi moi desigual segundo as rexións. O perímetro da capital creceu un 13% consecutivo nos dous anos, os estados do sur e oeste creceron de media un 8%, aínda que os estados do leste creceron con menos intensidade e as rexións do norte sufriron un desastre da actividade económica, debido ás tensións xeopolíticas con Sudán e Eritrea. Destaca a mellora da balanza exportadora, animada principalmente polo incremento das exportacións cara a Exipto.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Etiopía.
  • 1984- 39.868.501 habitantes
  • 1994- 53.707.726 habitantes
  • 2006- 72.238.014 habitantes

Ao ano 2007, Etiopía ten unha poboación de 76.500.000 habitantes. A esperanza de vida é de 49 anos. A media de fillos por muller é de 5,1, unha das taxas máis altas do mundo, o cal vai provocar graves problemas económicos e ambientais. O 42,7% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 4,4% da poboación está infectada co virus de HIV (SIDA).

Tribos e Etnias etíopes

CIDADES PRINCIPAIS

Feriados

Data Nome en galego Nome local Observacións

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

ak:Ethiopia