Harar
Coordenadas: 9°18′40″N 42°07′40″L / 9.31111, -42.12778
Harar | |||
---|---|---|---|
ሐረር | |||
![]() | |||
Cidade de Harar. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Rexión de Harari | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Ordin Bedri |
Harar Jugol, a cidade histórica amurallada | |
---|---|
![]() Muralla de Harar en 1956. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 9°18′40″N 42°07′40″L / 9.31111, -42.12778 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III, IV, V |
Inscrición | 2006 (30ª sesión) |
Rexión da UNESCO | África |
Identificador | 1189 |
Harar (en harari: ሐረር ; en oromo: Adare Biyyo), e coñecida polos seus habitantes como Gēy (en harari: ጌይ),[1] é unha cidade amurallada do leste de Etiopía. É a capital de Hararghe leste e da rexión de Harari de Etiopía. A cidade atópase no cumio dun outeiro na extensión leste de Oromia, a preto de cincocentos quilómetros da capital nacional Adís Abeba e atópase a unha altitude de 1 885 metros. Segundo a Axencia Central de Estatística de 2005, Harar tiña unha poboación estimada de 122 000 habitantes, dos cales 60 000 son homes e 62 000 son mulleres.[2] Segundo o censo de 1994, sobre o cal está feita a estimación da axencia, a cidade tiña unha poboación de 76 378 persoas.
Durante séculos, Harar foi un gran centro comercial, ligado a rutas comercias co resto de Etiopía, co Corno de África, a Península Arábiga, e a través dos portos, con todo o mundo. Harar Jugol, a antiga cidade amurallada, foi considerado Patrimonio da Humanidade en 2006 pola UNESCO en recoñecemento da súa herdanza cultural.[3] É coñecida en árabe como a "Cidade dos Santos" (مدينة الأَوْلِيَاء, madinat al-awliyaʾ). De acordo coa UNESCO, é "considerada 'a cuarta cidade santa' do islam", con 82 mesquitas, tres das cales datan do século X, e 102 santuarios.[4][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Leslau 1959, p. 276.
- ↑ CSA 2005 National Statistics Arquivado 13 de agosto de 2007 en Wayback Machine., Table B.4
- ↑ Un.org, ed. (13 de xullo de 2006). "Panda sanctuary, tequila area join UN World Heritage sites". Consultado o 23 de xullo de 2013.
- ↑ World Heritage List (ed.). "Harar Jugol, the Fortified Historic Town". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 6 de agosto de 2009.
It is considered 'the fourth holy city' of Islam, having been founded by a holy missionary from the Arabic Peninsula.
- ↑ "Five new heritage sites in Africa". BBC. 13 de xullo de 2006. Consultado o 18 de decembro de 2006.
Harar Jugol, seen as the fourth holiest city of Islam, includes 82 mosques, three of which date from the 10th Century, and 102 shrines.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harar ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fritz Stuber, "Harar in Äthiopien - Hoffnungslosigkeit und Chancen der Stadterhaltung" (Harar in Ethiopia - The Hopelessness and Challenge of Urban Preservation), in: Die alte Stadt. Vierteljahreszeitschrift für Stadtgeschichte, Stadtsoziologie, Denkmalpflege und Stadtentwicklung (W. Kohlhammer Stuttgart Berlin Köln), Vol. 28, No. 4, 2001, ISSN 0170-9364, pp. 324–343, 14 ill.
- David Vô Vân, Mohammed Jami Guleid, Harar, a cultural guide, Shama Books, Addis Abeba, 2007, 99 páxinas
- Salma K. Jayyusi, ed. (2008). "Harar: the Fourth Holy City of Islam". The City in the Islamic World. Leiden: Koninklijke Brill. pp. 625–642. ISBN 9789004162402.