José Quiroga Pérez de Deza
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1848 Banga |
| Morte | 12 de novembro de 1912 O Carballiño |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado |
| Familia | |
| Cónxuxe | Emilia Pardo Bazán (1868–1912) |
| Fillos | Jaime Quiroga Pardo Bazán, Nieves Quiroga Pardo Bazán, Carmen Quiroga Pardo Bazán |
| Pai | Pedro Antonio Quiroga |
| Irmáns | Eduardo Quiroga Pérez |

José Fernando Quiroga Pérez de Deza, nado en Banga (O Carballiño) en 1848 e finado no Carballiño o 12 de novembro de 1912, foi un avogado galego, marido de Emilia Pardo Bazán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pedro Antonio Quiroga e irmán de Eduardo Quiroga Pérez. Estudante de Dereito, licenciouse en Dereito Civil e Canónico pola Universidade de Santiago de Compostela. Casou con Emilia Pardo Bazán o 10 de xullo de 1868 na capela da granxa de Meirás. Tiveron tres fillos: Jaime, María de las Nieves e Carmen. En 1869 a familia trasladouse a Madrid cando o seu sogro José Pardo Bazán foi elixido deputado nas Cortes.
Separado da súa muller, promoveu e construíu no castelo de Santa Cruz un pazo para vivenda, compartindo a súa residencia entre o pazo de Banga e o castelo. Herdou todo o patrimonio e rendas a súa filla María de las Nieves (ou familiarmente Blanca), casada con José Cavalcanti.
Foi presidente do Circo de Artesanos da Coruña.[1] Finou no Carballiño o 12 de novembro de 1912.[1]