Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CEIDA»)

Coordenadas: 43°20′54″N 08°21′00″O / 43.34833, -8.35000

O Castelo de Santa Cruz, onde está localizado o CEIDA.

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) é un centro universitario, creado por un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e o Concello de Oleiros, para promover, coordinar e dinamizar a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. Está situado no castelo de Santa Cruz, na illa do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz (Oleiros). O seu director é o biólogo Carlos Vales Vázquez.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

  • Favorecer, como centro de referencia, a colaboración entre os demais equipamentos para a educación ambiental (aulas da natureza, granxas escola, centro de visitantes, parques etnográficos e arqueolóxicos, etc.).
  • Proporcionar, como centro de formación, os medios axeitados para a capacitación de técnicos en medio ambiente, do profesorado e doutros grupos sociais interesados pola educación ambiental.
  • Mostrar, como centro de interpretación, a interacción dos diversos elementos que interactúan sobre a natureza para propiciar a utilización racional dos recursos cara a un uso sustentábel.
  • Facilitar, a través do centro de documentación, a difusión de todo tipo de material formativo, educativo e divulgativo relacionado co Medio Ambiente e a Educación Ambiental.
  • Fomentar, como centro de divulgación, o coñecemento dos valores e dos problemas ambientais actuais, co fin de sensibilizar e xerar unha conciencia crítica.

Áreas de traballo[editar | editar a fonte]

O CEIDA conta con catro áreas principais de traballo:

  • Educación e divulgación
  • Formación e capacitación
  • Cooperación
  • Centro de documentación ambiental "Domingo Quiroga"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]