Andrés Comerma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Comerma
Nome completoAndrés Avelino Comerma y Batalla
Nacemento10 de xullo de 1842
 Valls
Falecemento1917
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Andrés Avelino Comerma i Batalla, nado en Valls (Tarragona) o 10 de xullo de 1842, e falecido en 1917 en Ferrol, foi un militar, naturalista e enxeñeiro español, moi vinculado á cidade de Ferrol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trala morte do seu pai arquitecto, cando el tiña 11 anos, marchou a estudar a Tarragona. En 1860 comeza a estudar a carreira de Enxeñería de Camiños, e en 1863 aproba o exame de ingreso na Escola de Enxeñeiros da Armada de Ferrol. Con 22 anos (1864) chegou ao escalafón de alférez de fragata e tres anos máis tarde, en 1867 presenta o proxecto de final de carreira e accede ao grao de alférez de navío, dentro do corpo de enxeñeiros.

Comeza a traballar nos estaleiros ferroláns como docente na Escola de Mestrado e tamén como encargado da construción naval nos estaleiros de Ferrol (actual Izar Ferrol). Nesa época asume a dirección dos traballos de construción da fragata acoirazada Sagunto[1]. En 1868 Comerma publica a súa primeira obra, o Curso práctico de construcción naval.

Rondalla Airiños da miña terra de Ferrol, con su presidente el general D. Andrés A. Comerma.jpg

Foi responsable dunha das obras máis importantes de enxeñería da cidade de Ferrol, o dique da Campá, que constrúe entre 1873 e 1879 por encargo do Almirantado. Ao tempo que comezaba a súa carreira de Farmacia, na que conseguiu licenciarse, asistiu como representante da Mariña Española a diversas exposicións e eventos internacionais, coma a Exposición Universal de Viena de 1873, o Congreso da Electricidade de París de 1881, a Exposición Internacional da Electricidade en Múnic (1882), ou a Exposición Internacional da Pesca de Londres de 1883, onde foi ademais o responsable da construción do pavillón español. En 1883 encargouse do deseño dun proxecto de camiño de ferro submarino que comunicaría España co norte de África baixo o Estreito de Xibraltar, que non se levou a cabo loxicamente[2].

Posteriormente participou na xunta organizadora da Exposición Universal de Barcelona de 1888, dirixida polo nedense Eugenio Serrano de Casanova. En 1891 solicita o seu pase á reserva e trasládase a Madrid, onde chegou a catedrático de Técnica micrográfica e histoloxía vexetal e animal na Facultade de Ciencias da Universidade Central. Con todo, segue mantendo o contacto coa cidade departamental. Presidente do Casino Ferrolán en 1900, director do Ateneo Ferrolán entre 1903 e 1906 e presidente da xunta de accionistas do teatro Xofre, foi tamén presidente da rondalla Airiños da miña Terra[3]. Ademais, colaborou asiduamente co xornal El Correo Gallego, que daquela se editaba en Ferrol, e coa publicación Almanaque de Ferrol, á que contribuía con ensaios sobre enxeñería e sobre recuperación do patrimonio. En 1910 regresa de forma permanente a Ferrol, xa coa categoría de xeneral. En 1913 é nomeado académico correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Curso práctico de construcción naval, 1868
  • La exposición internacional de pesca en Londres, 1884
  • Apuntes sobre la Exposición Internacional de Higiene y Educación celebrada en Londres en 1884, 1885

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi membro da Sociedade Española de Historia Natural. Estivo casado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. MORENO, X. e GASSÓ, M. El ingeniero naval Andrés A. Comerma Batalla (1842-1917), in Actes de la VII Trobada de l'Història de la Ciència i de la Técnica, Barcelona:SCHCT, 2003, p. 287.
  2. ALFEÑIQUE, Cotidianas, La Vanguardia, 13/5/1919.
  3. LLORCA, G. Andrés Comerma e o Dique da Campá, Ferrol:Concello, 1999