Ultradereita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Extrema dereita")

A ultradereita[1], extrema dereita ou dereita radical refírese, dentro do concepto da existencia dunha esquerda e dereita, ao mais elevado grao de dereitismo no espectro ideolóxico. A política de extrema dereita envolve frecuentemente un foco na tradición, real ou imaxinada, en oposición as políticas e costumes que son considerados como reflexo do modernismo. Moitas ideoloxías de extrema dereita teñen desprezo ou desdén polo igualitarismo, mesmo que non sempre expresan apoio explícito á xerarquía social, elementos de conservadorismo social e oposición á maioría das formas de liberalismo e socialismo. Algúns grupos apoian unha forte ou completa estratificación social e a supremacía de certos individuos ou grupos considerados naturalmente superiores.[2]

A defensa da ultradereita da supremacía baséase no que seus adeptos ven como características innatas de persoas que non poderían ser alteradas.[3] O centro-dereita, pola contra, alega que as persoas poden acabar coa súa inferioridade de comportamento a través da mudanza dos seus hábitos e escollas.[4]

O termo tamén utilizase para describir ideoloxías como o nazismo,[5][6] o neonazismo, o fascismo, o neofascismo e outras ideoloxías ou organizacións que presente puntos de vista extremistas, nacionalistas, chauvinistas, xenófobos, racistas ou reacionarios,[7] que poden levar a opresión e violencia contra grupos de persoas en base a unha suposta inferioridade ou ameaza á nación, Estado ou institucións sociais tradicionais ultraconservadoras.[8]

O populismo de dereita, unha ideoloxía política que moitas veces combina laissez-faire, nacionalismo, etnocentrismo e antielitismo, descríbese moitas veces como de extrema-dereita.[9][10] O populismo de dereita polo xeral envolve apelacións ao "home común" e oposición á inmigración.[11][12] Os defensores da teoría da ferradura interpretan o espectro de esquerda-dereita identificando a extrema-esquerda e a extrema-dereita, como tendo mais en común entre si, como extremistas, do que cada un ten cos centristas moderados.[13]

Historia[editar | editar a fonte]

A súa orixe ideolóxica reside no pensamento contrarrevolucionario conservador de De Maistre do século XIX que reivindicaba a Idade Media como modelo, situando a ruptura en 1789, cunha postura que se achegaba máis ao involucionismo.

Porén, o termo ultradereita ou extrema-dereita é relativamente moderno. Ten a súa orixe no lugar onde se sentaban no parlamento francés xurdido trala Revolución francesa. Os monárquicos e os conservadores da época sentábanse sempre no lado dereito e os liberais no esquerdo.[14] O termo extrema dereita contraponse coa esquerda radical, e en certo modo é un movemento antagónico ás ideas revolucionarias da esquerda. Nese contexto apareceron movementos contrarrevolucionarios de ultradereita, especialmente en Francia e Italia.

Na primeira metade do século XX, o fascismo e o nazismo foron protagonistas de tráxicos episodios en Europa, mais acabaron sendo claramente derrotados trala Segunda Guerra Mundial. As ideas que estes movementos representaban tiveron continuidade ao longo do tempo, como o Partido Nacionaldemócrata de Alemaña (NPD) fundado en 1964 ou Falange Española, partido sucesor do fundado en 1933 por José Antonio Primo de Rivera, este último cunhas ideas baseadas no fascismo italiano de Mussolini con ideas nacionalsindicalistas.

Considéranse partidos de extrema dereita aqueles cuxo ideario se vinculou ideoloxicamente co fascismo.[15] a través de referencias aos seus mitos e símbolos, ademais do seguimento do programa fascista. Tamén desenvolven un activo labor de deslexitimación da democracia mediante unha oposición antisistema,[16] aínda que tamén se inclúen os grupos neonazis, cuxa inspiración é a ideoloxía nazi (contracción da palabra alemá Nationalsozialistische, que significa 'nacional-socialista').[n. 1]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historicamente fai referencia a todo o relacionado co réxime de Hitler quen gobernou Alemaña de 1933 a 1945 coa chegada ao poder do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (NSDAP, Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei), e o autoproclamado Terceiro Reich e Austria a partir da Anschluss, así como os demais territorios que o conformaron (Sudetes, Memel, Danzig e outras terras en Polonia, Francia, Checoslovaquia, Hungría, Holanda, Dinamarca e Noruega). A Alemaña deste período coñécese como a Alemaña nazi.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ultradereita.
  2. Woshinsky, Oliver H., Explaining Politics: Culture, Institutions, and Political Behavior (Oxon, England; New York City, United States: Routledge, 2008) p. 154.
  3. Woshinsky, Oliver H., Explaining Politics: Culture, Institutions, and Political Behavior (Oxon, England; New York City, United States: Routledge, 2008) pp. 154-155.
  4. Woshinsky, Oliver H., Explaining Politics: Culture, Institutions, and Political Behavior (Oxon, England; New York City, United States: Routledge, 2008) pp. 154-155.
  5. Parlamento de Alemaña, ed. (Marzo de 2006). "The political parties in the Weimar Republic" (PDF). Consultado o 2 de marzo de 2017. Following the failed Munich Beer Hall Putsch of 9 November 1923, Hitler’s arrest and imprisonment and a temporary ban on the party, the right-wing extremist NSDAP, which had tasted little electoral success before 1930, polling between 2.6% and 6.5% of the vote, switched to a pseudo-legal approach. The insecurity and social deprivation experienced by broad sections of the population offered considerable scope for the National Socialists’ antiSemitic and anti-capitalist agitation. In 1930 the NSDAP scored a resounding electoral success as its share of the vote rocketed to 18.3%. Now the second-largest parliamentary group in the Reichstag with 102 seats, the party was able not only to extend its subversive influence on the work of Parliament but also to enhance its own reputation among the middle classes on the right of the political spectrum. 
  6. Fritzsche, Peter. Germans into Nazis, Cambridge, Mass.: Harvard University Press, 1998; Eatwell, Roger, Fascism, A History, Viking-Penguin, 1996. pp. xvii-xxiv, 21, 26–31, 114–140, 352. Griffin, Roger, "Revolution from the Right: Fascism," in David Parker, ed., Revolutions and the Revolutionary Tradition in the West 1560-1991, London: Routledge, 2000
  7. Carlisle, Rodney P., ed., The Encyclopedia of Politics: The Left and the Right, Volume 2: The Right (Thousand Oaks, California, United States; London, England; New Delhi, India: Sage Publications, 2005) p. 693.
  8. Hilliard, Robert L. and Michael C. Keith, Waves of Rancor: Tuning in the Radical Right (Armonk, New York: M.E. Sharpe, Inc., 1999) p. 38.
  9. Ware, Alan (1996). Political Parties and Party Systems. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-878076-2.
  10. Norris, Pippa (2005). Radical Right: Voters and Parties in the Electoral Market. Cambridge, England: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-84914-2.
  11. Betz and Immerfall, pp. 4–5
  12. Baker, Peter (2016-05-28). "Rise of Donald Trump Tracks Growing Debate Over Global Fascism". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 2016-06-07. 
  13. William Safire. Safire's Political Dictionary. Oxford, England, UK: Oxford University Press, 2008. Pp. 385.
  14. A Revolución francesa
  15. É unha ideoloxía e un movemento político caracterizado por defender un corporativismo estatal totalitario e unha economía dirixista.
  16. José Luis Rodríguez Jiménez, De la vieja a la nueva extrema derecha (pasando por la fascinación por el fascismo), Asociación de Historia Actual, Modelo:ISSN, Nº. 9, 2006, pag. 94

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carlisle, Rodney P. (2005). Thousand Oaks, California, USA; London, England, UK; New Delhi, India: Sage Publications, ed. The Encyclopedia of Politics: The Left and the Right, Volume 2: The Right. 
  • Hainsworth, Paul (2000). Pinter, ed. The Politics of the Extreme Right: From the Margins to the Mainstream. 
  • Merkl, Peter H.; Weinberg, Leonard. Frank Cass Publishers, ed. Right-wing Extremism in the Twenty-first Century. 
  • Hilliard, Robet L.; Keith, Michael C. (1999). Armonk,New York: M.E. Sharpe Inc, ed. Waves of Rancor: Tuning in the Radical Right. 
  • Parsons, Craig; Smeedling, Timothy M. (2006). Cambridge University Press, ed. Immigration and the transformation of Europe. 
  • Woshinsky, Oliver H. (2008). Routledge, ed. Explaining Politics: Culture, Institutions, and Political Behavior. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]