Anxo Guerreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anxo Guerreiro
Anxo guerreiro 01.jpg
Ángel Guerreiro Carreiras
Datos persoais
Nacemento1945
 Xermade, (Lugo)
Falecemento18 de xullo de 2013
 A Coruña
OrganizaciónPartido Comunista de España
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
ProfesiónPolítico, xornalista
editar datos en Wikidata ]

Anxo Guerreiro Carreiras, chamado Geluco, nado en Xermade o 28 de agosto de 1945 e falecido o 18 de xullo de 2013 na Coruña, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi deputado no Parlamento de Galicia polo PCE (1981-1985), máximo dirixente do Partido Comunista de Galicia e de Esquerda Unida. As súas discrepancias con Julio Anguita levárono a separar a organización galega da federal creando Esquerda de Galicia, e que acudiu ás eleccións autonómicas de 1997 en coalición co PSdeG, o que posibilitou que de novo fose elixido deputado (1997-2001). Esta separación non foi aceptada por unha parte de Esquerda Unida (minoritaria) que se presentaron a esas eleccións co nome de Izquierda Unida e tomaron o nome de Esquerda Unida-Izquierda Unida (Na X Asemblea Nacional, readoptaron o nome de Esquerda Unida unicamente).

Nas eleccións de 2001, o PSdeG non quixo reeditar o pacto e EdeG presentouse en solitario con Anxo Guerreiro como candidato á presidencia da Xunta pero, tralos malos resultados obtidos, Guerreiro dimitiu e EdeG acabou desaparecendo.

Nos últimos anos da súa vida foi comentarista e opinador político en diversos medios, como Localia Santiago ou a Radio Galega.

Padecía dos riles e desenvolveu un cancro de pulmón. Foi incinerado. O seu cadaleito foi cuberto coa bandeira de Galicia e por catro caraveis vermellos.