Diego Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiego Calvo
Biografía
Nacemento24 de abril de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
San Sadurniño, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Deputación da Coruña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: DiegoCalvoPouso Editar o valor em Wikidata

Diego Calvo Pouso, nado en San Sadurniño o 24 de abril de 1975, é un político galego do PPdeG.

Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Económicas, especialidade de Facenda Pública e Sistema Fiscal. Foi presidente de Novas Xeracións. Foi deputado no Parlamento de Galicia dende febreiro de 2003. Dende 2008 foi Secretario Xeral do PPdeG na provincia da Coruña, baixo a presdencia de Carlos Negreira. En 2009 foi nomeado delegado da Xunta de Galicia para a provincia da Coruña[1].

Nas eleccións municipais de 2011 resultou elixido concelleiro en Ferrol grazas ó cal foi nomeado deputado provincial e accedeu á presidencia da Deputación da Coruña o 12 de xullo de 2011, tras haber obtivo o PP a maioría absoluta nesta institución. Nas eleccións municipais de 2015 foi elixido de novo concelleiro en Ferrol, como número dous da lista do PP[2], perdendo a presidencia da Deputación tras non lograr o PP maioría absoluta, o cal dou lugar a un pacto entre o PSdeG-PSOE e o BNG, pasando a ser voceiro do PP na oposición[3]. En novembro de 2015 foi nomeado outra vez delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña. En marzo de 2016, trala marcha de Carlos Negreira, foi elixido presidente do PPdeG na provincia da Coruña. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 foi elixido deputado, pasando a ocupala vicepresidencia primeira do Parlamento.

En abril de 2022, cando Alberto Núñez Feijóo chegou á presidencia do Partido Popular de España, situou a Diego Calvo como responsable do Comité Electoral da formación.[4] E en maio dese ano, logo de asumir como Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nomeouno Conselleiro de Presidencia e vicepresidente segundo da Xunta de Galicia.[5]. En xuño de 2023 pasou a ocupala vicepresidencia primeira. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado pola Coruña,[6] continuando como Conselleiro de Presidencia, se ben nesta ocasión as vicepresidencias foron suprimidas.


Predecesor:
Francisco Conde López
 
Vicepresidente 1º da Xunta de Galicia
 
2023 - 2024
Sucesor:
cargo suprimido
Predecesor:
Francisco Conde López
 
Vicepresidente 2º da Xunta de Galicia
 
2022 - 2023
Sucesor:
Ánxeles Vázquez Mejuto
Predecesor:
Alfonso Rueda Valenzuela
 
Conselleiro de Presidencia
 
2022 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Carlos Negreira Souto
 
Presidente do PP na provincia da Coruña
 
2016 − actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El ferrolano Diego Calvo será el delegado de la Xunta para la provincia
  2. Diego Calvo, número dos de la candidatura de Rey Varela a la Alcaldía de Ferrol, www.laopinioncoruna.es, 16/04/2015 (en castelán)
  3. «Si no quieren las diputaciones, ¿por qué se pelean por presidirlas?», www.lavozdegalicia.es, 14/07/2015 (en castelán)
  4. COPE (2022-04-01). "Núñez Feijóo sitúa a Diego Calvo al frente del Comité Electoral del PP". COPE (en castelán). Consultado o 2022-05-21. 
  5. Diario, Nós (2022-05-15). "Diego Calvo entra no Executivo de Alfonso Rueda como vicepresidente segundo". Nós Diario. Consultado o 2022-05-21. 
  6. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]