José Millán-Astray
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
José Millán-Astray | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de xullo de 1879 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 1 de xaneiro de 1954 (74 anos) |
Lugar de falecemento | Madrid |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Cemiterio de La Almudena |
Nacionalidade | Español |
Alma máter | Academia de Infantería de Toledo |
Ocupación | Militar |
Pai | José Millán Astray |
Cónxuxe | Elvira Gutiérrez de la Torre |
Irmáns | Pilar Millán-Astray |
Premios | Medalla Militar, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco e Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Millán-Astray y Terreros, nado na Coruña o 5 de xullo de 1879 e finado en Madrid o 1 de xaneiro de 1954, foi un militar galego vinculado ao franquismo e fundador da Lexión Española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezos[editar | editar a fonte]
O seu pai foi o avogado e director do Cárcere Módelo de Madrid José Millán Astray, e a súa nai Pilar Terreros Segade. A súa irmá foi a escritora Pilar Millán Astray. Moi vinculado ao seu pai, utilizou legalmente os seus dous apelidos, e cando tivo idade ingresou na carreira militar, o que non puidera facer seu pai ao obrigarlle o seu proxenitor a estudar dereito. O 30 de agosto de 1894 ingresou na Academia de infantería de Toledo, aproveitouse dun programa de estudos abreviado que o goberno permitiu polas necesidades de oficiais para os conflitos de Cuba e as Filipinas, así pois en febreiro de 1896 José Millán-Astray graduouse como tenente segundo, após servir seis meses nun rexemento de Madrid ingresou o 1 de setembro de 1896 na Escola Superior de Guerra para obter o diploma de Estado Maior, interrompeu os seus estudos para pedir o traslado ás Filipinas para loitar contra os independentistas, pola súa actuación na defensa da vila de San Rafael recibiu a Cruz ao Mérito Militar de Primeira Clase e volveu a España convertido nun heroe, continuou os seus estudos na Escola Superior de Guerra e en 1905 ascendeu a capitán.
África[editar | editar a fonte]
No ano 1906 casou con Elvira Gutiérrez, filla do xeneral Gutiérrez Cámara. Pasou a formar parte do Estado Maior da Academia de Infantaría de Toledo en 1910, mais aos dous anos solicita o traslado a África, servindo nos Regulares Indíxenas, ascendeu a comandante por méritos de guerra en 1914. Cando en 1917 recibiu destino en Madrid comezou a preocuparse pola necesidade que España tiña de contar cunha forza formada por mercenarios estranxeiros ao xeito da Lexión Estranxeira Francesa, tras obter o apoio do ministro da Guerra, José Villalba Riquelme, a Lexión Estranxeira estableceuse por real decreto o 28 de xaneiro de 1920 con Millán-Astray, xa tenente coronel, como o seu xefe e Francisco Franco, un dos seus grandes apoios, como xefe segundo. Millán-Astray trasladouse a Ceuta, onde se establecera o cuartel da Lexión. Destemido no campo de batalla, foi ferido en numerosas ocasións, perdendo un brazo e un ollo. Principal valedor da fracción africanista do exército español no seu enfrontamento co sector máis liberal redactou en 1922 unha carta aberta dirixida ao rei Afonso XIII renunciando á xefatura da Lexión en protesta pola pouca influencia dos africanistas, trasladado á Península coa ditadura de Primo de Rivera ascendeu a coronel e recibiu destino no alto comisariado de Marrocos e en 1926 volveu á xefatura da Lexión durante un ano.
Guerra Civil Española[editar | editar a fonte]
Na Guerra Civil española tivo un papel secundario no bando franquista, dedicándose á propaganda e foi famosa a agarrada que tivo con Miguel de Unamuno o 12 de outubro de 1936, durante o acto de comezo do curso académico (que concidía coa celebración do "Festa da Raza"), no Paraninfo da Universidade de Salamanca, e despois dunha serie de discursos de oradores atacando á "anti-España", ao pechar o acto como reitor, Unamuno fixo un discurso improvisado, criticando duramente como se estaba a levar a rebelión, sentenciando ao rematar: "Venceredes, pero non convenceredes. Venceredes porque tedes sobrada forza bruta; pero non convenceredes, porque convencer significa persuadir. E para persuadirdes necesitades algo que vos falta: razón e dereito na loita.".
Reacción de Millán-Astray perante Unamuno[editar | editar a fonte]
Tralo seu discurso Millán-Astray, berroulle "A min a Lexión", "viva a Morte" (lema da Lexión) e "abaixo a intelixencia"; a isto, Unamuno contestoulle "viva a vida" (case un insulto á Lexión). A continuación o xeneral levantouse, e José María Pemán tratou de aclarar: "¡Viva a intelixencia! ¡Morran os malos intelectuais!".
Honras[editar | editar a fonte]
En 1922 foi nomeado fillo predilecto da cidade da Coruña, homenaxe que lle retirou o concello e que en 2011 tivo que repoñer logo do recurso presentado pola súa filla por vía xudicial.[1] Finalmente a retirada foi avalada polo TSXG en 2013.[2]
En 1970 o concello da Coruña erixiu unha estatua na praza que levaba o seu nome en memoria dos 50 anos da fundación da Lexión Española. A estatua foi retirada en 2010 en aplicación da Lei de memoria histórica, decisión ratificada xudicialmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)[3]. A praza foi rebautizada como praza das Atochas en 2015.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A Coruña deberá devolver el título de hijo predilecto de la ciudad a Millán Astray
- ↑ El Superior avala que Millán-Astray deje de ser Hijo Predilecto de A Coruña
- ↑ "El Superior avala la retirada de la estatua de Millán Astray", artigo en La Opinión, 30 de maio de 2012 (en castelán).
- ↑ "La plaza de Millán Astray ya es oficialmente Praza das Atochas", artigo en La Opinión, 8 de outubro de 2015 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 423.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía de José Millán y Terreros (Millán Astray), na Base documental d'Història Contemporània de Catalunya.