Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Fundación / creación
2008
Wikidata
O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) é un festival que se celebra no Centro Social do Mar de Bueu no mes de setembro.
O festival naceu en 2008 coa intención de crear un novo portal para a difusión de curtametraxes, así como un lugar de encontro para afeccionados á sétima arte. A súa filosofía é aumentar a promoción das curtametraxes por mor da escasa difusión pública que estas teñen. Malia que a produción galega e nacional ten unha presenza importante, préstaselle unha especial atención á produción europea, latinoamericana e mundial, tratando de potenciar a diversidade cultural do festival. É por isto que no se establece ningún tipo de restrición en canto a xénero, duración ou idioma, aínda que se adoita premiar á orixinalidade e á procura de novas fórmulas de expresión á hora de confeccionar a programación do festival.
De 2008 a 2010 foi organizado principalmente pola produtora Melodía visual coa colaboración do concello de Bueu, Fundación Novas e outros patrocinadores (en 2010 recibiu patrocinio especial da Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo 2010). No 2011 a organización principal pasou a ser o propio concello de Bueu, mentres que Melodía visual pasa a ser produtora.
Dende 2016 a organización do festival está en mans da Asociación Cinematográfica de Galicia FICBUEU.
Polo FICBUEU teñen pasado curtas dirixidas ou interpretadas por artistas coñecidos do panorama nacional como Javier Veiga , Manuela Vellés , Leticia Dolera , Ciro Altabás , Miguel Ángel Jenner , Pilar Bardem , Carolina Bang , Alex O’Dogherty ou Nacho Vigalondo .
Primeiro premio: Silent River , de Anca Miruna Lazarescu (Alemaña/Romanía)
Segundo premio: Esterhazy , de Izabela Pluscinska (Polonia)
Mellor curta galega: De qué se ríen las hienas , de Javier Veiga
Premio do público: Dúas letras , de Eloy Varela
Mellor dirección: Anca Miruna Lazarescu por Silent River
Mellor guión: Izabela Pluscinska e Anna Jadowska por Esterhazy
Mellor actriz: Valentina Cottet por Nena
Mellor actor: ex aequo Cuzin Toma e Andi Vasluianu por Silent River
Mellor fotografía: Sofian El Fani por Garagouz
Mellor dirección artística: Agata Rojek (‘Esterhazy
Mellor montaxe: Dan Olteanu por Silent River
Mellor música: Antonio Remache por Tres razones
Mellor son: Thorsten Bolzé e Attila Makai por Silent River
Mellor vestiario: Chouchane Abello por Le Piano
Mellor maquillaxe/peiteado: Ester Mann e Ani Hamel por Le Piano
Primeiro premio: Pablo , de Nely Reguera
Segundo premio: Cannon beach , de Manuel Calvo
Premio do público: La historia de siempre , de José Luis Montesinos
Mellor curta galega: O soldadiño de Chumbo , de Virginia Curiá e Tomás Conde.
Mellor dirección: Kristof Hoornaert por Kaïn
Mellor actriz: Laura de la Uz por Los minutos, las horas
Mellor actor: Pablo Derqui por Pablo
Mellor guión: Nely Reguera por Pablo
Mellor fotografía: Chaiyapreuk Chalermpornpanich por Tapien Rim Klong
Mellor montaxe: Vladimir Andonov por Stanka se pribira vkashti
Mellor son: Daniela Bassani e Stefano Grosso por Rita
Mellor música: Oliver Kracht por Weightless
Mellor dirección artística: Íñigo Navarro por Yanindara
Mellor vestiario: Julia Buckmiller e Bárbara Kloos por Weightless
Mellor maquillaxe e peiteado: David Ambit e Eva Fontenla por Lo Siento, te quiero
Primeiro premio: Homeland , de Juan de Dios Marfil Atienza
Segundo premio: El tiempo prestado , de David González Rudiez
Premio do público: Manual práctico del amigo imaginario , de Ciro Altabás Fernández
Mención especial do xurado: Love , de Biel Mauri Pou
Premio á mellor curta galega: Por la mañana , de Toño Chouza
Mellor guión: Sergio Barrejón e Nacho Vigalondo por El encargado
Mellor dirección: David González por El tiempo prestado
Mellor elenco: Bruno Bergonzini, Jordi Gràcia, Clara Segura e Alena Villaronga por Love
Mellor fotografía: Jordi Hernández por Love
Mellor dirección artística: Ángel Boyano e Nino Morante por El mal de Schneider
Mellor vestiario: Ariadna Paniagua por El mal de Schneider
Mellor maquillaxe /barbaría: Isabel Auernheimer e Mayte González por El mal de Schneider
Mellor son: Antonio Bejerano, Jonathan Darch e Jordi Juncadella por Reacción
Mellor montaxe: Isaac Berrokal por Today is Sunday
Mellor música: Juan de Dios Marfil por Homeland
Mellor curtametraxe: Save the world , de David Casals-Roma
Premio especial do xurado: El ataque de los robots de Nebulosa-5 , de Chema García
Premio do público: Niños que nunca existieron , de David Valero
Mellor curtametraxe galega: Leo , de Fernando Cortizo
Mellor dirección: David Casals-Roma por Save the World
Mellor guión: Luis Alejandro Berdejo por For(r)est in the des(s)ert
Mellor actriz: Myriam Espinoza por Elena
Mellor actor: Dani Castellá por Jingle Bells
Mellor fotografía: Enrique Vasalo por Niños que nunca existieron
Mellor dirección artística: Miguel López e Elena Nájar por Villa Olvidada
Mellor vestiario: Jesús Lesta por Cores
Mellor maquillaxe / barbaría: Tamara Puertas e Silvia Carrasco por Jingle Bells
Mellor son: Jose Luis Vázquez por Niños que nunca existieron
Mellor montaxe: Michael Shark e Toby Robertson por Save the World
Mellor música: Jorge Alberto Sánchez por Empty Spaces