Ermelo, Bueu
| Ermelo | |
|---|---|
Igrexa de Santiago de Ermelo. | |
| Concello | Bueu[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°18′10″N 8°45′58″O / 42.30290564, -8.76615197 |
| Poboación | 73 hab. (2013) |
| Entidades de poboación | 1[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago de Ermelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Bueu. Segundo o IGE en 2013 tiña 73 habitantes (36 mulleres e 37 homes) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 92 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na parroquia atopábase o mosteiro de Santiago de Ermelo[2]. Na igrexa parroquial consérvase unha lápida cunha inscrición, na actualidade partida en dúas pezas, colocadas sobre repisas metálicas aos lados da capela maior. O texto da inscrición menciona a reedificación do templo en 1104.
O texto foi estudado por Miguel Romaní Martínez (da USC), Pablo Otero Piñeyro Maseda e Ángeles Alvariño (do Instituto Padre Sarmiento do CSIC), e é unha das tres únicas inscricións en pedra referentes ao arcebispo de Compostela Diego Xelmírez, xunto cunha en Padrón, datada en 1133 (que non o cita explicitamente) e outra en Alba (Pontevedra), onde se le: «...Didacus Compostellanus Eps...» («Diego, bispo compostelán...»), malia que está moi gastada.
O pai Sarmiento xa se refire á lápida en 1745, xa daquela en dúas pedras separadas, pero non estudada a fondo por falta de tempo e as dificultadas á hora de examinala.
O texto, segundo os investigadores, podería ser traducido como: «Téñase por seguro que esta igrexa de Santiago Apóstolo foi restaurada na súa totalidade, tal e como agora está, en tempos dos abades Fernando e Arias Savariz. Reinando en Toledo o Emperador Afonso, [sendo] Raimundo [de Borgoña, conde] en terras de Galicia; [sendo] bispo [de Compostela] Diego Segundo [Xelmírez]. Era 1142 [ano 1104]. [O Mestre] Fernando edificou [esta igrexa]».
Pola feitura da inscrición, os investigadores apuntan a que sería un monxe coñecedor da documentación da súa época, escrita en caracteres visigóticos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santiago de Ermelo.
- Arco de medio punto no muro oriental da cabeceira da igrexa.
- Lápida funeraria.
- Campos de Ermelo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ermelo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Ermelo no concello de Bueu (Pontevedra) | |
|---|---|
Parroquias de Bueu
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Bueu | |
|---|---|
|
Beluso (Santa María) | Bueu (San Martiño) | Bueu (San Martiño de Fóra) | Cela (Santa María) | Ermelo (Santiago) | A Illa de Ons (San Xoaquín) |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "O rastro epigráfico de Xelmírez" artigo en La Voz de Galicia, 27 de xullo de 2009