Baranavičy
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Coordenadas: 53°08′N 26°01′L / 53.133, -26.017
Baranavičy | ||
---|---|---|
Баранавічы | ||
![]() | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Rexión | Rexión de Brest | |
Distrito | Distrito de Baranavičy | |
Xeografía | ||
Altitude | 193 msnm | |
Superficie | 53,64 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 170 286 hab. (2012) | |
Densidade | 3 200 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 225320 | |
Páxina oficial de Baranavičy |
Baranavičy (en belaruso: Баранавiчы; en ruso: Барановичи, "Baranovichi"; en polaco: Baranowicze) é unha cidade da rexión de Brest no oeste de Belarús. En 1995 tiña 173 000 habitantes.
Historia[editar | editar a fonte]
A primeira mención á cidade data de 1706 como propiedade privada da familia polaca Rozwadowski. No século XVIII como resultado da partición de Polonia pasa a Rusia. En 1870s Baranavičy aumenta a súa importancia ao se converter nunha importante empalme ferroviario. En 1883 chega aos 2 000 habitantes e en 1897 aos 4 600 (o 50% xudeus).
Os polacos conquistan a cidade durante a guerra polaco-soviética e en 1919 recibe dereitos de cidade. En 1921 tiña 11 000 habitantes (67% xudeus) e en 1939 chega aos 30 000 habitantes. Logo da Guerra Defensiva Polaca de 1939 a cidade foi ocupada pola Unión Soviética ata o 25 de xuño de 1941 en que a Wehrmacht conquistou a cidade, en agosto os creouse un gueto para os 12 000 xudeus da cidade, onde viviron en condicións lamentables ata o 14 de decembro de 1942, cando foron enviados a varios campos de concentración, só 250 sobreviviron.