Raman Galoŭčenka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raman Galoŭčenka

Actualmente no cargo
Dende o 4 de xuño de 2020
Presidente Aliaksandr Lukašenka
Precedido por Sergei Rumas

Datos persoais
Nacemento 10 de agosto de 1973 (44 anos)
Zhodzina, Rexión de Minsk, RSS Bielorrusa, Unión Soviética Unión Soviética

Raman Aliaksandravič Galoŭčenka (en belaruso: Раман Аляксандравіч Галоўчэнка, en ruso: Роман Александрович Головченко) nado en Zhodzina, Rexión de Minsk, RSS Bielorrusa, Unión Soviética, o 10 de agosto de 1973, é un político bielorruso que exerce como primeiro ministro de Belarús dende o 4 de xuño de 2020.[1]

Foi nomeado polo presidente Aliaksandr Lukašenka dous meses antes das eleccións presidenciais.[2][3][4] Antes do seu nomeamento, ocupou o cargo de Ministro da Autoridade do Estado para a Industria Militar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse do Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova en 1996. Tamén se graduou da Academia de Dirección Adxunta ao Presidente da República de Belarús en 2003. En 2009, foi nomeadoprimeiro viceministro de Estado. En 2013 foi nomeado embaixador nos Emiratos Árabes Unidos. En 2018 foi nomeado embaixador en Catar, Kuwait e Arabia Saudita.[1] De 2018 a 2020 ocupo o cargo de Ministro da Autoridade do Estado para a Industria Militar.

En xuño de 2020, dous meses antes das eleccións presidenciais, foi nomeado polo presidente Aliaksandr Lukašenka como novo primeiro ministro do país, sucedendo a Sergei Rumas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Pantus Dzmitry Aleksandrovich". www.vpk.gov.by (en belaruso). Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  2. "Belarus leader names new prime minister two months before election". Reuters (en inglés). 4 de xuño de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Lukashenko nombra nuevo primer ministro a dos meses de las presidenciales". La Vanguardia (en castelán). 4 de xuño de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  4. "Lukashenko nombra al nuevo Gobierno bielorruso con la vista puesta en las elecciones presidenciales" (en castelán). Europa Press. 4 de xuño de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Sergei Rumas
 Coat of arms of Belarus.svg
Primeiro ministro de Belarús
 
2020 -
Sucesor:
-