Viciebsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viciebsk
Ві́цебск / Viciebsk
Ви́тебск / Vitebsk
Flag of Viciebsk, Belarus.svg
Coat of Arms of Viciebsk, Belarus.svg
Viciebsk collage.jpg
Localización
Viciebsk en Bielorrusia
Viciebsk
Viciebsk
País Bielorrusia Bielorrusia
Rexión Viciebsk
Xeografía
Altitude 172 msnm
Superficie 124.54 km²
Demografía
Poboación 363 061 hab.
Densidade 2900 hab/km2
Outros datos
Código postal 210000
Alcalde Victor Nicolaykin Pavlovich
http://www.vitebsk.gov.by/en/

Viciebsk (en bielorruso: Ві́цебск, en łacinka: Viciebsk, pronunciado [ˈvʲitsʲepsk]; en ruso: Ви́тебск, pronunciado [ˈvʲitʲɪpsk]; en polaco: Witebsk; en yiddish: וויטעבסק), é unha cidade de Bielorrusia. É a capital da Rexión de Viciebsk, en 2004 tiña 342 381 habitantes, facéndoa a cuarta cidade máis populosa do país. Está comunicada mediante o Aeroporto de Viciebsk Vostochny e a Base aérea de Viciebsk.

Historia[editar | editar a fonte]

Afiliacións históricas[editar | editar a fonte]

Ao longo dos séculos, Viciebsk formou parte de diversos estados:

Desde a independencia de Bielorrusia[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 1991, Viciebsk celebrou o primeiro Festival Marc Chagall e en xuño do ano seguinte construíuse un monumento ao pintor na súa rúa natal de Pokrovskaja, amais púxose unha inscición en memoria no muro da súa casa.

Dende 1992, Viciebsk foi fogar do anual Slavianski Bazaar, un festival de arte internacional. Os principais artistas son de Rusia, Bielorrusia e Ucraína, con invitados de outros países, eslavos e non eslavos. Para este festival construíuse o Anfiteatro de Verán.

En 1999, estableceuse a zona de libre comercio "Vitebsk". Dende entón a cidade construíu un Pazo dos deportes de xeo, adeamis de reconstruír o estadio central, a estación de trens e outros lugares históricos, ademais de edificar novas igrexas.

Atraccións turísticas[editar | editar a fonte]

A cidade conservou durante moito tempo un dos edificios máis vellos do país, a Igrexa da Anunciación, edificio que se remonta ao período do Rus de Kiev. Foi construído sobre o 1140, e recontruído nos séculos XIV e XVII, reparado en 1883 e destruído polo goberno comunista no 1961. Só se conservaban restos ata 1992, cando foi reconstruída a versión orixinal.

Tamén foron destruídas igrexas do perído polaco-lituano, aínda que a Igrexa da Resurrección (1772-77) foi reconstruída. A catedral Ortodoxa, adicada á Mediación do Theotokos, erixiuse en 1760.

Outras atraccións son o concello (1775); o pazo do gobernador ruso, onde Napoleón celebrou o seu 43º aniversario en 1812; a catedral católica neo-románica (1884-85); e un obelisco que conmemora o centenario da vitoria rusa sobre Napoleón.

Viciebsk é tamén a sede do Museo Marc Chagall e do Museo rexional de Viciebsk.

Educación[editar | editar a fonte]

As principais universidades de Viciebsk son a Universidade Estatal de Tecnoloxía de Viciebsk, a Universidade Estatal de Saúde de Viciebsk e a Universidade Estatal Pyotr Masherov.

Clima[editar | editar a fonte]

Datos climáticos para Viciebsk, Bielorrusia
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C −2,9 −2,6 2,9 11,6 18,5 21,4 23,5 22,2 16,2 9,5 2,3 −2,0 10,1
Media mínima en °C −7,7 −8,5 −3,9 2,5 7,9 11,6 13,6 12,3 7,7 3,3 −1,9 −6,5 2,1
Precipitación media mm 38 31 36 40 56 77 95 78 65 52 53 44 665
Nevada media cm 15 19 14 0 0 0 0 0 0 0 2 9 59
Media de días con chuvia 8 6 9 13 16 17 17 14 16 17 14 10 161
Media de días con neve 17 16 10 2 0 0 0 0 0 2 9 15 71
Humidade relativa media (%) 85 81 76 67 66 72 73 75 80 83 87 87 77,7
Fonte: [1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Weatherbase". Weatherbase. Consultado o December 10, 2012.