Asubío (instrumento musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asubío
Os bugallos úsanse habitualmente para fabricar asubíos
Información
ClasificaciónVento
Instrumentos relacionados
  • Ocarina
  • Os asubíos son pequenas frautas globulares que serven para asubiar.

    Caracteŕisticas[editar | editar a fonte]

    Os asubíos son un dos máis primitivos instrumentos musicais, documentados nas máis antigas escavacións arqueolóxicas. En Galiza empregábanse tradicionalmente como xoguetes para os cativos. Fabrícanse practicando un furado e baleirando o interior de calquera material que proporcione unha cavidade globular: madeiras, ósos, bugallos, abelás, noces,etc. Apoiando o asubío debaixo dos beizos e soprando contra a beira do burato obtéñense diferentes sons dependendo do material empregado.[1] Na cavidade pódense realizar outros pequenos furados para emitir diferentes notas co que se consegue a execución de melodías sinxelas.[2] Existen tamén algúns tipos especiais de asubíos, como o toelo, realizado nun tipo de pedra calcaria propio dalgunhas partes de Galiza,[3]

    Notas[editar | editar a fonte]

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Bibliografía[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]