Administración Federal de Aviación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "FAA")
Administración Federal de Aviación
Seal of the United States Federal Aviation Administration.svg
Datos da Axencia
Formación 23 de agosto de 1958
Sede central Washington, D.C.
Sitio web
www.faa.gov

A Administración Federal de Aviación​ (en inglés, Federal Aviation Administration, FAA) é unha autoridade nacional con poderes para regular todos os aspectos da aviación civil. Estes inclúen a construción e operación de aeroportos, a xestión do tráfico aéreo, a certificación de persoal e aeronaves, e a protección de activos estadounidenses durante o lanzamento ou reingreso de vehículos espaciais comerciais.

Funcións principais[editar | editar a fonte]

As funcións da FAA inclúen:

  • Regulación do transporte espacial comercial estadounidense.
  • Reglamentación das normas xeométricas e de inspección en voo das instalacións de navegación aérea.
  • Fomento e desenvolvemento da aeronáutica civil, incluída a nova tecnoloxía aeronáutica.
  • Emisión, suspensión ou revogación de certificados de piloto.
  • Regulación da aviación civil para promover a seguridade, especialmente a través de oficinas locais chamadas Flight Standards District Offices.
  • Desenvolver e operar un sistema de control e navegación do tráfico aéreo tanto para avións civís como militares.
  • Investigación e desenvolvemento do Sistema Nacional de Espazo Aéreo e Aeronáutica Civil.
  • Elaboración e execución de programas de control do ruído dos avións e outros efectos ambientais da aviación civil.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]