Sexo anal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilustración de sexo anal.

O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer.[1][2][3] Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging.[2][4][5] O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano,[1][2][4][6] mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.[6][7]

Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.[3][8][9][10] Algunhas clases de sexo anal poden ser parte das prácticas sexuais lésbicas.[11] O pracer no sexo anal pódese experimentar a través da estimulación das terminacións nerviosas anais, e o orgasmo pode acadarse coa penetración anal, ben sexa coa estimulación indirecta da próstata masculina, a estimulación indirecta do clítoris ou a área da vaxina asociada co punto G nas mulleres, e outros nervios sensitivos (especialmente o nervio pudendo).[2][3][12][13] Porén, tamén pode ser unha práctica dolorosa, en ocasións en exceso,[14][15] que poden deberse a factores psicolóxicos nalgúns casos.[16]

Como a maioría de formas de actividade sexual, os participantes en sexo anal corren o risco de contaxiarse Infeccións de transmisión sexual (ITS). O sexo anal está considerada unha práctica sexual de alto risco por mor da vulnerabilidade do ano e do recto. Os tecidos anal e rectal son moi delicados e non contan con lubricación natural, polo que poden danarse doadamente e permitir a transmisión de infeccións, especialmente se non se emprega lubricante.[1][3][17] O sexo anal sen a protección do preservativo está considerada a máis arriscada forma de práctica sexual,[17][18][19] e por ese motivo, autoridades como a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomendan prácticas de sexo seguro para o sexo anal.[20]

O sexo anal non é, polo xeral, unha práctica ben considerada. É controvertido en numerosas culturas, especialmente por mor das prohibicións relixiosas. Son comúns as prohibicións de sexo anal entre homes xa que se opón ó propósito procreador da actividade sexual.[4][5][7] Pode estar considerado como tabú ou antinatural, e é un acto criminal nalgúns países, penado con castigo físico ou pena de morte. Por outra banda, tamén hai xente que considera o sexo anal unha forma válida e natural de actividade sexual que é complementaria a outras expresións do desexo sexual. Estas persoas considérano un elemento importante da súa vida sexual ou a principal forma de actividade sexual.[4][5][7]

O sexo anal na historia[editar | editar a fonte]

Home e muller tendo sexo anal
Adulto romano tendo sexo anal con mozo (século I), atopado en Palestina

O sexo anal reviste desde tempo atrás na historia o carácter de «vencer a última barreira».

Aínda que en Roma non estaba permitido nin por conseguinte ben visto que un cidadán romano mantivese sexo anal (poedicare) con outro cidadán romano, non había ningún impedimento se o facía cun escravo ou escrava. Horacio (65-8 aC), poeta lírico e mestre da sátira, faise eco desta situación tan ubicua:

Cando a entreperna azuza e tes a man un escravo e unha escrava, sobre quen saltas enseguida? Non preferirás que se che rebente, non? Por suposto que non. Gústame o sexo fácil e alcanzable.
Sátiras 1.2.114-9

O sexo anal foi considerado tabú en moitos países occidentais desde a Idade Media cando se rumoreaba que membros homes de movementos heréticos o practicaban entre eles. Durante a Idade Media, a maioría dos clérigos cristiáns non eran célibes, pero as ordes máis elevadas dalgúns credos heréticos si, o que xeraba o rumor da súa atracción cara a membros do seu mesmo sexo.

Algúns retablos e drolleries medievais en madeira retratan a persoas realizando anilinguo cun demo metade cabra, metade home.

Esta práctica foi condenada nos últimos dous mil anos pola maioría das relixións: tanto por ser infértil (é unha das prácticas naturais máis típicas para o control da natalidade, en canto coito substitutivo do vaxinal), como por levar serios riscos hixiénicos. Aínda en 2007 a pedicación é considerada delito en certos estados de Estados Unidos de América, ata dentro de matrimonios legalmente constituídos.

A persistencia do tabú ao longo dos séculos difundiu a idea de que o coito anal sería «antinatural», fronte ao coito vaxinal. Con todo hai que considerar que no proceso evolutivo a vaxina é un conduto de moi recente aparición, e que na etapa en que se desenvolveron os réptiles o conduto receptor do seme foi a cloaca, polo que ambas as prácticas sexuais dánse na natureza desde moitos millóns de anos atrás. Hai que considerar tamén que a sexualidade humana ten fins máis amplos que o meramente reprodutivo, e neste sentido, en tanto que esta práctica tamén pode considerarse un xogo sexual, ten tamén pleno sentido biolóxico.

Actualmente, o sexo anal está considerado unha das prácticas sexuais máis estendidas en parellas homosexuais e tamén heterosexuais. Diversos estudos revelan que, hoxe en día, mulleres e homes confesan gozar do sexo anal. Aproximadamente o 40% das parellas heterosexuais intentárono polo menos unha vez e, segundo atendamos a uns ou outros estudos, entre o 10 e o 20% de parellas practícano con regularidade.

Termos relacionados[editar | editar a fonte]

O carácter tabú desta práctica provocou que aparezan palabras alternativas, con distintas utilidades, para identificar e, no seu caso desprezar, a súa realización por parte de homosexuais. Tal é o caso da palabra «sodomizar», usada para suavizar o significado grego ou, pola contra, para remarcar pexorativamente o feito, ao tratarse dunha rotura de tabú do tipo "rompeulle o cu".

A orixe do termo «sodomía» provén de Sodoma, cidade de Canaán que, segundo o capítulo 19 do libro do Xénese, na Biblia, o Deus Xeová destruíu por medio dunha choiva de lume para castigala polo pecado (a pesar de que se cre que foi a práctica da homosexualidade que quixeron realizar á forza cuns visitantes que foron a avisar a Lot do inminente cataclismo, e que resultaron ser anxos enviados por Yahvé).

Na Italia de finais do Renacemento, ao pintor Giovanni Antonio Bazzi, chamábanlle «Il Sodoma» («o sodomita» ou homosexual).

Sexo anal na literatura[editar | editar a fonte]

Ademais do Marqués de Sade, moitos autores como Bocaccio, Chaucer, Petronio ou Rabelais describiron este tipo de prácticas nas súas obras. Entre os autores do século XX que introduciron escenas de sexo anal nos seus escritos, atópanse Guillaume Apollinaire e Pierre Louys.

Algunhas citas extraídas de literatura sobre o sexo anal:

A postura máis usada para a muller, neste goce, é deitarse boca abaixo, no bordo da cama, coas nádegas ben separadas, a cabeza o máis baixo posíbel. O lascivo, tras ter desfrutado un instante coa perspectiva do belo cu que se lle ofrece, tras habelo palmeado, palpado, a veces incluso lategado, beliscado e mordido, humedece coa súa boca o lindo olliño que vai perforar, e prepara a introdución coa punta da súa lingua; molla así mesmo o seu aparato con saliva ou con pomada e preséntao suavemente ao burato que vai afuracar; cunha man lévao, coa outra separa as nádegas do goce; cando sente o seu membro penetrar, é preciso que empuxe con ardor, tendo moito coidado de non perder terreo; a veces a muller sofre logo, se é nova e xoven; pero sen miramento algún para cos dolores que pronto van a converterse en praceres, o fodedor debe empuxar con vivacidade o seu carallo gradualmente, até que por fin acade a meta, é dicir, até que o pelo de seu aparato frete exactamente os bordos do ano do obxecto ao que encula. Que prosiga entón o seu camiño con rapidez: todas as espiñas están xa colleitas; só fican as rosas. Para acabar de metamorfosear en pracer os restos de dor que o seu obxecto aínda experimenta, se é un mozo que lle colla o carallo e se llo menee; que acaricie o clítoris se é unha moza; as titilacións do pracer que provoca cando encolle prodixiosamente o ano da paciente, redobrarán os praceres do axente que, colmado de gusto e de voluptuosidade, disparará pronto ao fondo do cu do seu goce un esperma tan abundante como espeso, que provocarán tan lúbricos detalles
Filosofía do tocador, Marqués de Sade

Guillaume Apollinaire, na súa obra As once mil vergas:

As mans da moza non quedaron inactivas: agarraran a verga do príncipe e fálano dirixido polo estreito carreiro de Sodoma. Alexina inclinábase de maneira que o seu cu destacase mellor e facilitase a entrada do cipote de Mony.

Giovanni Boccaccio:

Dito o cal, levouna a un dos dous leitos e ensinoulle que postura debía adoptar para aprisionar a aquel maldito diaño. A moza Alibech, que nunca metera o diaño no inferno, experimentou unha gran dor ante as acometidas daquel, polo cal dixo: "En verdade, moi malo e un tremendo inimigo de Deus debe de ser este diaño, pois ata no momento en que se lle mete no inferno causa mal."

Allen Ginsberg:

Doce mozo, dáme o cu. Nunca te deitaches cun home?

Sexo anal no cine[editar | editar a fonte]

Considérase que o primeiro coito anal do cine convencional protagonizouno Gunnel Lindblöm, quen ensinou que se podía ter coitos noutro lugar que non fose a alcoba coa luz apagada e por outro lugar que non fose a vaxina. O coito anal filmado na película O silencio de Ingmar Bergman, levou a cabo nas butacas dun cine semivacío.

Tamén se podería indicar Querelle, aínda que esta é unha película no límite da pornografía.

Outros títulos nos que sucede sexo anal son os seguintes:

En canto á cinematografía pornográfica, as escenas que conteñen sexo anal volvéronse omnipresentes ao ser unha práctica moi demandada. Nestas escenas é común que as nádegas e ano da persoa penetrada estea afeitado ou depilado, así como os testículos e pube da persoa que penetra, para unha mellor visualización da penetración.

Sexo anal na televisión[editar | editar a fonte]

Aínda que obviamente o sexo anal no cine é emitido nalgunhas canles ou en programas especiais en distintos países do mundo, non constan programas de televisión en directo onde se practicara sexo anal. Con todo é un medio que desde o desenvolvemento de internet permitiu a visión de imaxes ata agora inusuais: os vídeos roubados.

Unha das escenas de sexo anal privado máis coñecidas está no vídeo privado que protagonizaron os actores venezolanos Roxana Díaz e Jorge Reyes. Nesta curiosa escena obsérvase a Díaz practicando sexo anal sentada sobre o seu compañeiro e como se vira, sen sacar o pene de dentro para cambiar de postura. A actriz comentou que non se arrepentía de nada. [1]

O desexo de sexo anal e o seu estímulo[editar | editar a fonte]

Glúteos humanos femininos

Con independencia da chamada ao desexo que pode orixinar o poder romper un tabú, existen razóns antropolóxicas polas que a visión dun traseiro provoca desexo sexual.

Gräffenberg, o investigador alemán que descubriu o Punto G e lle dá nome, cría que a postura ideal para estimular esa zona -e obter a máxima excitación- era a penetración por detrás como o fan todos os cuadrúpedos, xa que o ser humano evolucionou desde primates que aínda non eran bípedos, para posteriormente erguerse. Moitos estudiosos seguiron considerando que a postura cara a cara era exclusivamente humana e polo tanto «antinatural» pero as últimas investigacións con bonobos desvelaron que eles tamén usan a penetración cara a cara e que as femias tamén teñen o clítoris fóra da vaxina.

Glúteos humanos masculinos

O comportamento sexual dos bonobos, que practican bicos con lingua, penetración por diante e por detrás, felacións, cunnilingus, frotamentos, masturbación e tocamentos diversos; e todo isto indistintamente do sexo do outro bonobo, xa sexa entre machos, entre femias, só, acompañado ou en grupo revelaría que a natureza destas prácticas puidese non estar ligada á cultura senón á natureza da especie.

Con independencia de que se produza a penetración, a visión dun ano, a súa caricia e sobre todo o contacto do pene cun pode provocar facilmente a erección. De entre as zonas que producen excitación velas, é un feito que a palabra «cu» está moito máis presente en Internet que «conas» ou «tetas» [Cómpre referencia].

Os glúteos humanos son de feito proporcionalmente máis grandes que os doutros primates. En parte polo bipedismo pero, segundo algúns estudiosos, tamén para fomentar a atracción sexual.

Posto que o valor evolutivo do sexo é fundamentalmente reprodutivo iso explicaría o relativo maior tamaño das nádegas femininas. A utilidade social do sexo, do mesmo xeito que ocorre nos bonobos, explicaría o desexo de penetrar a individuos do mesmo sexo.

Os glúteos así mesmo son moi sensitivos e, se a experiencia das caricias estimula o desexo sexual, nalgunhas posturas de práctica do coito loxicamente tamén se produce un contacto rítmico cos glúteos, o que é un forte estímulo sexual para ambas as partes.

En canto a cal é a morfoloxía de glúteos que se considera desexable, esta variou coa cultura: nalgunhas épocas preferíanse prominentes e na actualidade valórase que sexan visibles, pero á vez firmes e harmoniosos.

Sexo anal seguro e hixiene[editar | editar a fonte]

A mucosa rectal é fráxil e sensible ás infeccións por virus e bacterias. A mucosa absorbe as substancias depositadas no recto, fenómeno aproveitado para a administración de medicamentos como é o caso dos supositorios. Esta capacidade de absorción pode ser aumentada involuntariamente mediante unha penetración brutal, que pode provocar pequenas microferidas e ocasionar ata hemorraxias. Xa que logo, é un terreo propicio para a propagación de ETS (enfermidades de transmisión sexual), xa sexan virales como o VIH (virus de inmunodeficiencia humano), o papiloma humano (PBH), todos os tipos de hepatites (fóra da hepatite A), os herpes xenitais e outras tamén famosas pero de causa bacteriana como a gonorrea, a sífilis e outras, ata no caso de que non haxa exaculación.

En consecuencia sempre se aconsella a práctica do sexo anal utilizando un condón (a pedicación sen condón é tamén moi arriscada para o amante «activo»).

É importante prestar coidado á hora de extraer o condón do seu envoltorio, para non danalo coas uñas e evitar que puidese romper.

Se a práctica da pedicación ou sexo anal se efectúa sen condón, en todo caso é, aínda que pareza obvio, imprescindible o máximo de hixienización do ano e do recto así como do pene no momento inmediato previo á pedicación.

A hixiene é importante para unha boa saúde do ano e para a práctica do sexo anal. O lavado con xabón neutro e auga gardarán o ano limpo. O lavado debe facerse con suavidade. Tamén é importante que o papel usado diariamente non sexa abrasivo. Non debe practicarse un coito vaxinal logo do sexo polo ano, sen o lavado a fondo do pene, con suficiente auga e xabón. Evitaranse deste xeito posibles infeccións nos xenitais femininos por bacterias da flora do recto.

O coidado normal facilita que exista unha hidratación natural que permite que a pel que lle rodea estea suave e elástica.

Práctica[editar | editar a fonte]

Suzuki Harunobu, Home e novo, ano 1750, Vitoria Albert Museum, Londres

Preparación do ano para a penetración: lubricación, distensión e inicio da penetración[editar | editar a fonte]

Lubricación[editar | editar a fonte]

Contrariamente á vulva e à vaxina, o ano e o recto non segregan lubricación natural que facilite a relación sexual. Tampouco estes músculos teñen unha elasticidade que lles permitan dilatarse naturalmente. Por iso, a penetración anal debe ser practicada con sumo coidado, para evitar a propensión existente aos rachos e fisuras anais.

Por este motivo, cando se practica sexo anal, adoita usarse algún lubricante para facilitar a penetración. En canto aos lubricantes naturais, son moi frecuentes o uso da saliva ou ben practicar a penetración anal logo da vaxinal. Pero, como ambos os líquidos se evaporan rapidamente, a penetración tería que ser inmediata. Aínda así, non adoitan ofrecer gran garantía. Por iso, a mellor opción é recorrer a lubricantes artificiais. É conveniente que o lubricante se aplique no pene, no ano e en calquera obxecto que se vaia a introducir no mesmo.

En caso de sexo anal con condón, débese ter especial coidado en empregar un lubricante que sexa compatible co preservativo. O lubricante recomendado sería un de base acuosa de boa calidade. Os de base oleica é mellor evitalos porque poden danar o látex. Por motivos de hixiene sempre é recomendable o uso de condón, ata na penetración con obxectos.

A aplicación do lubricante debe levar o seu morbo e o seu parte de excitación sensorial; neste sentido pode ser conveniente, se non sente reparo a iso, pasar a lingua polo ano da outra persoa, e introducirlle os dedos impregnados con lubricante con suavidade, o que axudaría a dilatar e relaxar o ano da persoa que vai ser penetrada, e reduciría significativamente a sensación de dor inicial da penetración.

Relaxación do músculo do ano e dilatación do esfínter[editar | editar a fonte]

Como normalmente o músculo do ano (esfínter anal) se atopa pechado, o sexo anal podería ser doloroso se previamente non se ten a precaución de distender este músculo (un bo xeito sería a realización de xogos sexuais). Recoméndase dilatar ou «abrandar» o esfínter anal previamente con aceite emulsionado, outros xeles especiais, cremas ou cuspe e introducindo lentamente un dedo no ano, movéndoo suavemente para logo ir engrosando con outro e outro e chegar a producir unha expansión progresiva do músculo.

Ademais pode resultar útil o emprego dun dilatador anal ou consolador, xeralmente de forma cónica, aínda que pode haber outras variantes como boliñas unidas que cada vez teñen un tamaño máis grande. O principio é o mesmo: xogar co ano para que este se afaga a ter algo dentro e se relaxe.

Inicio da penetración[editar | editar a fonte]

Para reducir as sensacións de dor é importante realizar a inserción do pene ou do obxecto de xeito paulatino, o que permitirá que se produza unha dilatación e adaptación gradual dos músculos. En ocasións axuda empuxar lixeiramente o obxecto introducido como se se estivese a defecar para a dilatación ser máis rápida.

Nun primeiro momento quizais pode supor estraño realizar este xesto cando non se está defecando, pero iso non producirá ningunha expulsión inesperada ou indesexada da materia fecal, polo que se pode empuxar sen medo.

Pracer na fase de penetración[editar | editar a fonte]

No coito anal ou pedicación a muller obtén en gran medida o seu pracer ao ser estimulado o útero, o cal frecuentemente é pouco estimulado no coito vaxinal. O home obteno a través da estimulación da súa próstata.

A penetración anal esixe xeralmente a elección dun ángulo apropiado, pois o ano é máis apertado e menos flexible que a vaxina.

Usualmente a persoa penetrada complementa o coito anal coa masturbación, o que contribúe a unha multiplicación do pracer e a relaxarlle a musculatura anal, coa consecuente facilitación e melloramento da penetración anal. Por outra banda, as terminacións nerviosas excitables na zona ano-rectal son centenares de veces máis numerosas que na vaxina (no coito vaxinal a condensación neural restrínxese ao clítoris e, eventualmente ao chamado «punto G»; así, se non existen fobias, a penetración anal pode chegar a ser máis pracenteira para a muller. No momento no que a parella «pasiva» (a persoa penetrada) logra o orgasmo, contrae fortemente a musculatura anal provocando unha forte presión sobre o amante activo o que lle facilita a este o orgasmo.

O pracer procurado polo coito anal non só deriva das sensacións físicas, senón tamén das subxectivas («romper un tabú» por exemplo) e dunha reminiscencia da fase ou estado anal (segundo o psicanálise).

Con todo, a muller frecuentemente atópase desde a infancia condicionada para considerar como «negativo» o coito anal, de modo que un intento compulsivo de levarlle a un coito anal pode ser percibido por ela como unha especie de violación, disto enténdese que a relación debe facerse co máximo acordo posible.

Masturbación anal[editar | editar a fonte]

A masturbación anal é a autoestimulación enfocada na área do ano. Os métodos máis comúns para a masturbación anal inclúen a inserción dun ou máis dedos, algún tipo de xoguete sexual, e ata elementos non específicos. De todos eles o sistema máis común adoita ser o uso dos dedos. É importante, para non sentir dor a persoa penetrada e non danar as súas paredes rectales, que as uñas estean ben curtas.

A masturbación anal pode aplicarse en homes e mulleres de calquera orientación sexual, xa que o ano contén numerosas terminacións nerviosas que poden ser estimuladas. Nos homes, a masturbación anal é especialmente pracenteira xa que diante do recto atópase a próstata, que tamén contén terminacións nerviosas. Existen, ademais, no mercado algúns xoguetes sexuais cuxo obxectivo é a estimulación da próstata. Nas mulleres, a inserción dun obxecto no interior do ano pode estimular directamente a vaxina. A estimulacón anal pode, tanto en home como en mulleres, intensificar notoriamente o orgasmo.

O uso de enemas, por razóns de hixiene, adoita ser o paso previo á masturbación anal, pero tamén pode ser unha forma de masturbación en si mesma: é o que se coñece como clismafilia. Con todo, débese ter en conta que o abuso de enemas pode levar con frecuencia a unha dependencia física para o correcto funcionamento do intestino.

Técnicas para favorecer o orgasmo: masturbación, obxectos e axuda dunha terceira persoa[editar | editar a fonte]

A estimulación simultanea do clítoris e da vaxina na muller pode favorecer o orgasmo, o que se pode lograr mediante a combinación da penetración coa masturbación manual ou con consoladores. Así mesmo este pracer pódese obter en sexo en grupo mediante a axuda dunha terceira persoa, ben mediante sexo oral ou ata coa práctica dunha dobre penetración vaxino-anal. Outra posible combinación en parella é introducir un consolador no ano e penetrar á parella vaxinalmente ou practicarlle un cunnilingus simultaneamente.

O ano contén gran cantidade de terminacións nerviosas que ao ser estimuladas ocasionan pracer, estas terminacións nerviosas seguen en gran medida a mesma vía anatómica que as do clítoris. No home, ademais, a penetración anal pode estimular a próstata, obtendo orgasmos máis intensos. No caso do orgasmo do home pode xerarse se tendo sexo en grupo unha das persoas introdúcelle o dedo no ano durante o coito que lle realiza á outra persoa.

Posturas máis frecuentes para a práctica do sexo anal[editar | editar a fonte]

Así como a lubricación e a relaxación do esfínter son esenciais para iniciar un bo sexo anal é conveniente elixir unha postura apropiada. É importante que a persoa penetrada elixa a postura que poida facilitar unha penetración máis suave. Existen multitude de posturas. Sinalamos a continuación algunhas das máis frecuentes.

Back swinging[editar | editar a fonte]

O back swinging (lit. «zarandeo de costas») ou «sopra-caluga». O receptor/-a atópase tombado boca abaixo e a persoa que penetra na parte superior. A penetración é menos profunda, pero o ritmo contrólao a persoa que penetra, o que unido á forte presión que exerce o ano sobre a glande pode provocar un orgasmo intenso .

Postura do cachorro ou «de poutelas»[editar | editar a fonte]

É unha das máis coñecidas, especialmentre entre homosexuais. A persoa que vai ser penetrada, apóiase cos seus xeonllos e brazos nunha posición alta (xeralmente nunha cama). Canto máis agache as súas costas, máis deixa a descuberto o seu ano. A persoa que penetra pode estar situada tamén de xeonllos na cama, ou ben de pé fóra dela. En calquera deses dous casos, é o activo quen leva o control e ritmo da penetración, aínda que o pasivo pode xogar cos testículos da súa parella. Nesta postura, o ano da persoa penetrada tende a estreitarse, polo que a penetración pode chegar a ser dolorosa. A diferenza da penetración vaxinal, a denominada postura do cachorro ou «doggy» require xeralmente que o pene estea nunha posición máis elevada. Se a persoa que penetra está apoiada sobre os seus xeonllos, isto pódese conseguir póndose en crequenas, o cal é canso pero favorece a penetración; ou ben dependendo da estatura da persoa penetrada, dobrando esta algo máis os xeonllos, de modo que o traseiro quede algo máis baixo. Se quen penetra faino de pé, o amante penetrado pode abrir as súas pernas. Nese caso lógrase unha penetración máis profunda, pero a postura é algo máis complicada, tendo en conta que fai falta algo máis de apoio para facer a presión suficiente para penetrar. É interesante que a cama sexa firme ou ata que a persoa penetrada teña a posibilidade de agarrarse a algo, por exemplo no cabecero ou o pé da cama.

Coito anal coa persoa penetrada sentada encima do pene da súa parella[editar | editar a fonte]

Ben de face ao amante, ben de costas a el, neste segundo caso a estimulación visual provén de observar o traseiro penetrado mentres que a vantaxe de facelo de face é ver a expresión da outra persoa, poder bicala nos beizos, fazulas, pescozo, tocarlle e cheirarlle os cabelos e, en caso de ser muller, como se moven os seus seos; ademais estes rozan co corpo do home. A penetración que permite é moi profunda e a vantaxe que ten é que a persoa penetrada ten control dos movementos podendo regular tanto o ritmo como a profundidade da penetración. Adoita ser unha postura pouco dolorosa, polo que ás veces pode resultar interesante comezar por ela para adaptar os músculos do recto ao tamaño do pene.

Coas dúas persoas tombadas de costado[editar | editar a fonte]

Neste caso a profundidade da penetración é moito menor e existe o risco de que o pene do mozo que penetra se "escape" en varias ocasións do recto da súa parella. En cambio, é unha postura moi sensitiva e con moito contacto físico entre os dous compañeiros. Permite ademais á persoa que penetra xogar cos xenitais do seu compañeiro.

Sexo anal extremo[editar | editar a fonte]

Entendemos por sexo anal extremo aquel que practica a introdución de obxectos ou penes inusualmente grandes, penetración simultánea dobre ou tripla e eventualmente tamén o sería a práctica de orxías infrecuentes, onde se produzan tres ou máis penetracións anais consecutivas sobre a mesma persoa. Normalmente é pouco probable obter pracer persoal destas prácticas salvo o psicolóxico debido á rotura de tabús e barreiras. O motivo máis usual é proporcionar excitación sexual visual polo que son prácticas propias da pornografía.

Penetración anal dobre[editar | editar a fonte]

Sylvia Saint é unha das actrices porno que máis veces practicou para as cámaras a dobre penetración anal

Dise que a penetración anal dobre é cando dúas penes son introducidos no ano, xa sexa o da muller, ou do home en relacións homosexuais. Aínda que nalgúns lugares indícase que necesita ser verificado, pois parecer que as limitacións físicas son demasiadas para isto, o certo é que aínda que é moi pouco frecuente, coa aparición de aplicacións P2P (como emule), ou a través dos buscadores de fotografías, é posible atopar numerosas imaxes e vídeos de dobres penetracións anais. Pola súa propia definición, «penetración anal dobre» pode constituír calquera sexan dous obxectos; dígase dous dedos o cal é máis factible. Non sendo unha práctica moi frecuente, a demanda de variedade e maior crueza das escenas porno levou a que nos últimos anos sexa algo máis usual ver este tipo de escenas, entre as actrices máis famosas que o practicaron atópanse Sylvia Saint, Katsumi, Taylor Rain, Sandra Romain, Belladonna e Hugo Carroll De entre as escenas protagonizadas por Belladonna considérase de culto a que protagonizou con Brandon Iron e Lexington Steele. Esta escena é notable porque a actriz mostra un gran goce coa práctica, a pesar de que os penes son dun tamaño importante; aparentemente ese goce está moi ligado á ruptura do tabú: «I'm nasty, I'm xo nasty».

Tripla penetración[editar | editar a fonte]

Entendida como a introdución de dous penes polo ano e un pola vaxina ou viceversa só se atopan referencias no mundo do porno extremo. A postura é bastante complicada aínda que posible, para iso as cadeiras dos homes deben estar a 90 graos unas doutras, unha posible combinación comprobada en vídeo é coa muller sobre un home cunha dobre penetración anal onde un dos dous homes estará de xeonllos e o outro practicamente de pé sobre ela coas pernas lixeiramente flexionadas. Aínda que as escenas son visualmente impactantes o movemento dos corpos está moi limitado.

A tripla ou cuádruple penetración con obxectos son máis sinxelas, entre as escenas de sexo extremo máis curiosas atópase unha de Butt Man onde unha moza é penetrada vaxinalmente por dúas velas e analmente por unha, todas elas acesas, a parella trata de apagalas co seme que se dispara tras un inicio con felación e un final en masturbación.

Fist fucking[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Fist fucking.

Consiste na introdución dun puño, e ata o brazo, dentro do recto ou da vaxina da persoa penetrada. É unha práctica moi propensa aos rachos anais, fisuras e roturas de esfínter. Por iso, a fase de dilatación pode durar horas. Doutra banda, con esta práctica increméntase significativamente o risco de contraer infeccións de transmisión sexual, xa que o sangrado é frecuente.

Sexo anal parafílico[editar | editar a fonte]

As parafilias nas que está implicado o sexo anal son diversas e van desde prácticas pedófilas homo ou heterosexuais ata a zoofilia.

Algunhas denominacións son as seguintes:

  • Corefalismo: Excitación sexual só practicando sexo anal con nenas.
  • Clismafilia: Pracer sexual obtido ao inxectar líquido na cavidade anal, esta práctica inclúe o uso de enemas.
  • Andromimetofilia e xinemimetofilia: unha muller representa e compórtase sexualmente como home e o home adopta o rol da muller. Na penetración anal o suxeito pasivo será o home e a activa a muller.

A zoofilia (parafilia do sexo anal con animais) nace en ocasións do gusto por penes de diferentes formas e tamaños. Así é unha fantasía máis ou menos frecuente o sexo con equinos, especialmente con cabalos, debido ás enormes dimensións do seu pene e á súa docilidade (precisamente polas súas dimensións pode ser dirixido coa man cara ao ano, o animal, ao que se pode excitar previamente, empuxará ata lograr a penetración). A práctica máis común, loxicamente é cos animais cos que se ten máis contacto, en especial os cans de tamaño medio ou grande, con penes que en erección son só lixeiramente máis pequenos que os humanos. A pesar de ser neste caso lixeiramente inferiores, o pracer é obtido tanto pola rotura do tabú como polo rápido movemento de cadeiras destes animais cando practican sexo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 WebMD (ed.). "Anal Sex Safety and Health Concerns". Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Barry R. Komisaruk, Beverly Whipple, Sara Nasserzadeh, Carlos Beyer-Flores (2009). JHU Press, ed. The Orgasm Answer Guide. pp. 108–109. ISBN 978-0-8018-9396-4. Consultado o 6 de novembro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Véxase páxina 270–271 para información do sexo anal, e páxina 118 para información do clítoris. Janell L. Carroll (2009). Cengage Learning, ed. Sexuality Now: Embracing Diversity. p. 629. ISBN 978-0-495-60274-3. Consultado o 19 de decembro de 2010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 John Dean; David Delvin. Netdoctor.co.uk, ed. "Anal sex". Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2010. Consultado o 29 de abril de 2010. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Vern LeRoy Bullough, Bonnie Bullough (1994). Taylor & Francis, ed. Human Sexuality: An Encyclopedia. pp. 27–28. ISBN 0824079728. Consultado o 5 de xullo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Kimberly R. McBrideab, J. Dennis Fortenberry (marzo de 2010). "Heterosexual anal sexuality and anal sex behaviors: a review". Journal of Sex Research 47 (2-3): 123–136. doi:10.1080/00224490903402538. PMID 20358456. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Discovery.com (ed.). "Anal Sex, defined". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2002. Consultado o 23 de xullo de 2013. 
  8. Go Ask Alice!, ed. (13 de xuño de 2008). "Not all gay men have anal sex". Consultado o 26 de abril de 2010. 
  9. Bell, Robin (febreiro de 1999). National Institutes of Health/BMJ, ed. "ABC of sexual health: Homosexual men and women". BMJ 318 (7181): 452–5. doi:10.1136/bmj.318.7181.452. PMC 1114912. PMID 9974466. 
  10. Kaye Wellings, Kirstin Mitchell, Martine Collumbien (2012). McGraw-Hill International, ed. Sexual Health: A Public Health Perspective. p. 91. ISBN 0335244815. Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  11. Felice Newman (2004). Cleis Press, ed. The Whole Lesbian Sex Book: A Passionate Guide For All Of Us. pp. 205–224. ISBN 978-1-57344-199-5. Consultado o 6 de novembro de 2011. 
  12. Go Ask Alice!, ed. (28 de marzo de 2008). "The male hot spot — Massaging the prostate". Consultado o 21 de abril de 2010. 
  13. Véxase páxina 3 para mulleres que prefiren o sexo anal ó vaxinal, e páxina 15 para acadar o orgasmo a través da estimulación indirecta do punto G. Tristan Taormino (1997). Cleis Press, ed. The Ultimate Guide to Anal Sex for Women. p. 282. ISBN 978-1-57344-221-3. Consultado o 6 de novembro de 2011. 
  14. Go Ask Alice!, ed. (26 de xuño de 2009). "Pain from anal sex, and how to prevent it". Consultado o 7 de abril de 2011. 
  15. Joel J. Heidelbaugh (2007). Elsevier Health Sciences, ed. Clinical men's health: evidence in practice. p. 273. ISBN 978-1-4160-3000-3. Consultado o 14 de outubro de 2011. 
  16. Damon, W; B.R. Rosser (marzo-abril de 2005). "Anodyspareunia in Men Who Have Sex With Men: Prevalence, Predictors, Consequences, and the Development of DSM Diagnostic Criteria". Journal of Sex and Marital Therapy 31 (2): 129–141. doi:10.1080/00926230590477989. PMID 15859372. 
  17. 17,0 17,1 Robert I Krasner (2010). Jones & Bartlett Publishers, ed. The Microbial Challenge: Science, Disease and Public Health. pp. 416–417. ISBN 0763797359. Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  18. Dianne Hales (2008). Cengage Learning, ed. An Invitation to Health Brief 2010-2011. pp. 269–271. ISBN 0495391921. Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  19. Werner W. K. Hoeger, Sharon A. Hoeger (2010). Cengage Learning, ed. Lifetime Fitness and Wellness: A Personalized Program. p. 455. ISBN 1133008585. Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  20. World Health Organization, Department of Reproductive Health and Research Global strategy for the prevention and control of sexually transmitted infections: 2006–2015. Breaking the chain of transmission, 2007, ISBN 978-92-4-156347-5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sexo anal Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bentley, Toni The Surrender: An Erotic Memoir, Regan Books, 2004.
  • Brent, Bill Ultimate Guide to Anal Sex for Men, Cleis Press, 2002.
  • DeCitore, David Arouse Her Anal Ecstasy (2008) ISBN 978-0-615-39914-0
  • Hite, Shere The Hite Report on Male Sexuality
  • Houser, Ward Anal Sex, Encyclopedia of Homosexuality Dynes, Wayne R. (ed.), Garland Publishing, 1990. pp. 48–50.
  • Manning, Lee The Illustrated Book Of Anal Sex, Erotic Print Society, 2003. ISBN 978-1-898998-59-4
  • Morin, Jack Anal Pleasure & Health: A Guide for Men and Women, Down There Press, 1998. ISBN 978-0-940208-20-9
  • Sanderson, Terry The Gay Man's Kama Sutra, Thomas Dunne Books, 2004.
  • Strong, Bill with Lori E. Gammon Anal Sex for Couples: A Guaranteed Guide for Painless Pleasure Triad Press, Inc.; First edition, 2006. ISBN 978-0-9650716-2-8
  • Tristan Taormino The Ultimate Guide to Anal Sex for Women, Cleis Press, 1997, 2006. ISBN 978-1-57344-028-8
  • Underwood, Steven G. Gay Men and Anal Eroticism: Tops, Bottoms, and Versatiles, Harrington Park Press, 2003
  • Webb, Charlotte Masterclass: Anal Sex, Erotic Print Society, 2007.