Clasificación Internacional de Doenzas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Clasificación Internacional de Doenzas (CID)
Título orixinalClasificación Internacional e Estatística de Doenzas e Problemas Relacionados coa Saúde

International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems
Data de pub.1992 (CID-10)
EditorOrganización Mundial da Saúde

A Clasificación Internacional e Estatística de Doenzas e Problemas Relacionados coa Saúde (en inglés: International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems), é a codificación de doenzas, trastornos, traumatismos e o conxunto dos motivos de recurso aos servizos de saúde. É publicada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e emprégase en todo o mundo para clasificar as causas de morbilidade e de mortalidade, con finalidades diversas, como as de política sanitaria (financiamento e organización dos servizos de saúde), epidemioloxía ou aplicación clínica.[1]

Coñécese tamén pola súa denominación reducida, Clasificación Internacional de Doenzas, e polas súas iniciais CID (ICD, en inglés, e ICE, común na tradición hispana e tamén aplicable ao galego, a partir de "Clasificación Internacional de Enfermidades").[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O sistema da CID, xestionado pola OMS, está deseñado para promover a comparación internacional da colleita, o procesamento, a clasificación e a presentación destas estatísticas. A CID é a clasificación central da WHO Family of International Classifications (WHO-FIC) ("Familia de Clasificacións Internacionais da OMS").[3]

A edición máis recente da CIE é a décima, coñecida como CID-10 (ou CIE-10). Ten a súa orixe na "listaxe de causas de morte", cuxa primeira edición lle correspondeu ao Instituto Internacional de Estatística en 1893. A OMS fíxose cargo dela en 1948, na sexta edición, a primeira en incluír tamén causas de morbilidade. A OMS segue a traballar nela para a manter actualizada, e está prevista a súa substitución pola CID-11 na primavera de 2018.[4][5]

A CID-10 desenvolveuse en 1992 co propósito foi rastrexar estatísticas de mortalidade. A OMS publica actualizacións menores anuais e actualizacións de máis envergadura cada tres anos.[6]

Posteriormente, algúns países crearon as súas propias extensións do código CID-10. Por exemplo, Australia presentou a súa primeira edición propia, a ICD-10-AM en 1998, e Canadá publicou a súa versión en 2000, a ICD-10-CA. Alemaña tamén ten a súa propia extensión, a ICD-10-GM. Nos Estados Unidos engadiuse o anexo co sistema de clasificación de procedementos ou ICD-10-PCS.[7][8][9]

Existe, ademais, un código internacional de doenzas específico para a Oncoloxía, o CID-O (ou CIE-O ou ICD-O).[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Classifications. International Classification of Diseases (ICD). OMS (en inglés)
  2. O DRAG dá como sinónimas as palabras "doenza" e "enfermidade"., do mesmo xeito que o Portal das Palabras.
  3. "Family of International Classifications". OMS (en inglés)
  4. "Versiones provisionales del capítulo de la CIE-11 sobre los trastornos mentales". En Psiquiatria.com (en castelán)
  5. "The 11th Revision of the International Classification of Diseases (ICD-11) is due by 2018!". OMS (en inglés)
  6. "History of the development of the ICD". En Who.int (en inglés)
  7. "ICD-10-AM". En National Centre for Classification in Health (en inglés)
  8. "ICD-10-CA". En Canadian Institute for Health Information (en inglés)
  9. "ICD-10-PCS". En Centers for Medicare & Medicaid Services (en inglés)
  10. "International Classification of Diseases for Oncology, 3rd Edition (ICD-O-3)". OMS (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]