Feto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Feto humano. (Debuxo de Leonardo da Vinci, ca. 1510 - 1512).

O feto é un vertebrado vivíparo en desenvolvemento, mo período que transcorre desde o momento en que se completou a etapa embrionaria até antes de que se produza o nacmento.

Durante a vida fetal non se forman órganos ou tecidos novos, senón que se produce a maduración dos xa existentes.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra feto ván do latín fetus, "parto", "alumbramento", "camada". Ás veces, en moitos idiomas, vese escrita como foetus ou fœtus, formas secundarias do latín científico debidas a unha hipercorrección, restituíndo un ditongo non etimolóxico (fetus está relacionado con fecundus, "fecundo", por tanto, a súa raíz é con -e).

Na especie humana[editar | editar a fonte]

Na especie humana, como noutras de vertebrados, o feto xa pasou a etapa embrionaria, de formación de novos órganos, aparellos e sistemas, e pasa a fortalecelos, progresando no seu crecemento e desenvolvemento como ser humano.

Considérase que a etapa fetal comeza ao final da 8ª semana de 8 do embarazo.[1] A organoxénese está case completada. Os xenitais externos, porén, aíndfa non están diferenciados, o que non permite determinar o sexo do nascituris mediante ecografía.

As células nai comezan o proceso de creación da masa encefálica, o corazón e os pulmóns. Tamén se van formando as cavidades auditivas e, finalmente, formar as extremidades e os músculos e restantes órganos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Curso de embrioloxía en liña para o uso de estudantes de Medicina. (en francés) Universidades de Friburgo, Lausana e Berna. Suíza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Feto

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Estadios do desenvolvemento humano
Predecesor:
Embrión
'
'
Feto
Sucesor:
Infancia