Saúde sexual
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
![]() | Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Saúde sexual é, segundo a OMS, "un estado xeral de benestar físico, mental e social, e non de mera ausencia de enfermidades ou doenzas, en todos os aspectos relacionados co sistema reprodutivo, as súas funcións e procesos. Por mor disto, a saúde reprodutiva entraña a capacidade de gozar dunha vida sexual satisfactoria, sen riscos e de procrear, e a liberdade para decidir facelo ou non facelo, cando e con que frecuencia" (dereitos reprodutivos).[1] Tanto o home como a muller teñen dereito a estar informados e ter acceso a métodos de regulación da fertilidade seguros, eficaces e alcanzables así como a dispor de servizos accesibles de planificación familiar e saúde pública que permitan a axeitada asistencia profesional á muller embarazada e permitan que o parto se produza de forma segura e garanta o nacemento de fillos sans, é dicir, sen discapacidade algunha.
Evolución do concepto[editar | editar a fonte]
Respecto da Saúde Sexual, Ivonne Szasz, socióloga especializada en demografía, sinala que tradicionalmente, empregamos os termos "planificación familiar" e "saúde materno-infantil", para referirnos -cun matiz médico- ás doenzas e mortes relativas ós procesos reprodutivos, e ás complicacións do embarazo e do parto. Un concepto cun fin claro: controlar o crecemento poboacional (antinatalismo & natalismo). Nos últimos anos comezouse a empregar o termo "Saúde Reprodutiva" que ó contrario do anterior pon énfase en "os dereitos sexuais e reprodutivos de homes e mulleres. É dicir, o acceso de homes e mulleres ó propio corpo, á satisfacción persoal e á toma de decisións sobre cando, como e con quen ter relacións sexuais.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |