Publicidade
Enténdese por publicidade a comunicación establecida tras a emisión dunha mensaxe que ofrece unha información interesada e que se divulga co obxectivo de influír no público para producir un beneficio ó emisor ou promotor ou no caso da publicidade institucional ofrecer información de servizo público. Na publicidade tamén se utilizan unha gran variedade de medios: de viva voz, medios de comunicación, o correo, teléfono, folletos, redes informáticas, competicións deportivas, bolígrafos, paraugas, roupa e mesmo avionetas, automóbiles, trens, bicicletas ou navíos.
Na publicidade empréganse con frecuencia estratexias de base lingüística:
- A implicación do receptor na mensaxe, usando imperativos ou con oracións interrogativas.
- Recursos da lingua literaria: A rima, a hipérbole, o símbolo. a metonimia, a metáfora, a alegoría, a antítese e bimembración, aliteracións, o paradoxo,...
Estrutura da comunicación publicitaria[editar | editar a fonte]
Para profundar na estrutura e nos elementos participantes na publicidade, é conveniente reparar nos esquemas comunicativos de Laswell e Dobb.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Publicidade ![]() |