Saltar ao contido

Rubéola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rubéola
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Virus da rubéola
 Causa de
 Causado por
Características
 Especialidade médica
 Tratamentos posibles
 Proceso de transmisión
Identificadores
Freebase/m/0175qw Editar o valor en Wikidata
MeSHD012409 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC85051 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2A74 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB11719 Editar o valor en Wikidata
CIE-11410022648 Editar o valor en Wikidata
CIE-10B06.9 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001574 Editar o valor en Wikidata
eMedicine802617 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778814567 Editar o valor en Wikidata
KEGGH00395 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons


A rubéola,[1] tamén coñecida como roséola epidémica e sarampelo alemán[2] e antigamente como terceira enfermidade ou terceira doenza é unha enfermidade vírica causada polo Rubella virus.

Etimoloxía de rubéola e sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Rubéola: do latín rubeus (roxo, rubio ou vermello), á súa vez da raíz preindoeuropea *reudh- referida á cor cálida.[3][4] O nome fai referencia ás manchas arroxadas características que aparecen na pel dos afectados.
  • Roséola: provén tamén do latín roseus (cor rosa) coa mesma orixe preindoeuropea. A roséola epidémica é un sinónimo para rubéola, pero o nome tamén se aplica a erupcións cutáneas causadas por virus diferentes, como a roséola escarlatina ou cuarta enfermidade.
  • A enfermidade chámase tamén sarampelo alemán por ter unha erupción vermella similar ao xarampón e foi descrita por primeira vez en detalle polos médicos alemáns.[5] Diminutivo de sarampo, a orixe desta palabra é pouco clara. Segundo Martín Sarmiento proviría dunha verba derivada de reptar ou serpear, outras hipóteses máis novas suxiren "zaramphus", "zaré", "sirimpio" e "syringio".[6][7]

Denominacións numéricas

[editar | editar a fonte]

As denominacións "terceira enfermidade" ou "cuarta enfermidade" derivan dunha clasificación histórica das enfermidades exantemáticas (con erupcións cutáneas) da infancia. Noutros tempos, sen medios diagnósticos avanzados, as enfermidades foron numeradas baseadas na súa aparición e características clínicas:

  1. Primeira: Xarampón, causada polo virus do sarampo (Morbillivirus)
  2. Segunda: Escarlatina, causada pola bacteria Streptococcus pyogenes.
  3. Terceira: Rubéola.
  4. Cuarta: "Roséola escarlatina",[2] ou doenza de Filatov-Dukes, considerouse unha forma atípica de escarlatina. A súa existencia como entidade separada é cuestionada por expertos que a consideran unha manifestación atípica da rubéola ou doutro virus exantemático.
  5. Quinta: Eritema infeccioso, causada polo parvovirus B19.
  6. Sexta: Roséola infantil ou exantema súbito é causada polo virus do herpes humano 6, HHV-6, e ás veces polo HHV-7

A medida que a medicina avanzou, estas designacións numéricas foron perdendo relevancia en favor dos nomes específicos, pero aínda se atopan en contextos pediátricos.[8]

O virus adoita entrar no corpo polo nariz ou a gorxa. Como a maioría dos virus que viven ao longo do tracto respiratorio, transmítese de persoa a persoa por pequenas gotículas no aire que se exhalan.

A rubéola tamén se pode transmitir dunha nai xestante ao seu feto a través da placenta. Isto pode ser moi perigoso para o feto, especialmente se a nai ten rubéola no inicio do seu embarazo. A rubéola pode causar xordeira, problemas cardíacos, discapacidade intelectual e moitos outros problemas no desenvolvemento fetal.[9]

Evolución da doenza

[editar | editar a fonte]

O virus ten un período de incubación de 2 a 3 semanas durante o cal se establece. Os síntomas comúns son unha erupción vermella/rosa (rash), ganglios linfáticos inchados e febre alta.

A miúdo é leve e un ataque pode pasar desapercibido. Non obstante, isto pode facer que o virus sexa moi difícil de diagnosticar. A enfermidade pode durar 1-5 días. Os nenos recupéranse máis rápido que os adultos.

Eliminada en América

[editar | editar a fonte]

O 29 de abril de 2015, anunciouse que a rubéola foi eliminada no continente americano (en América do Norte, do Sur eCentral-Caribe). Un grupo científico de expertos dixo que foron necesarios 15 anos de traballo para que isto ocorrese. Entre os grupos participantes están: Organización Panamericana da Saúde, Centros para o Control e Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos, UNICEF e a Fundación das Nacións Unidas.[10]

  1. "rubéola". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2023-09-10. 
  2. 2,0 2,1 "Dicionario galego de termos médicos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2023. 
  3. "rubella". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2023-09-10. 
  4. "Sobre o uso de "roxo" en portugués no século XVI". Ciberduvidas.iscte-iul.pt. 
  5. Best, J.M., Cooray, S., Banatvala J.E. Rubella in Topley and Wilson's Microbiology and Microbial Infections, Vol. 2, Virology, Chapter 45, p.960-92, ISBN 0-340-88562-9, 2005
  6. "sarampo". origemdapalavra.com.br (en portugués). Consultado o 2023-09-10. 
  7. "SARAMPIÓN". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2023-09-10. 
  8. "Rubeola". www.vacunacion.com.ar; Guía Práctica de Enfermedades y Vacunas (en castelán e es AR). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2023. Consultado o 2023-09-10. 
  9. "Congenital Rubella Syndrome - Vaccine Preventable Diseases Surveillance Manual". www.cdc.gov ; CDC (en inglés). 2023-08-22. Consultado o 2023-09-10. 
  10. Jr, Donald G. McNeil (2015-04-29). "Rubella Has Been Eliminated From the Americas, Health Officials Say". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-09-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]