Servizo Galego de Saúde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Servizo Galego de Saúde
Logo
Tipoaxencia gobernamental
Data de fundación1989
Organización matrizXunta de Galicia
Organización subsidiariaComplexo Hospitalario Universitario de Vigo, Hospital Xeral de Vigo, Hospital Architect Marcide-Novoa Santos, Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e Hospital Gran Montecelo
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.sergas.gal/
Twitter: sanidadexunta Dialnet: 1231037 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é o organismo da Xunta de Galicia que está a cargo da asistencia sanitaria pública.

Foi creado pola Lei 1/1989, ó transferirse as competencias en materia sanitaria por parte do Insalud.

Integra tódolos centros e servizos sanitarios da administración galega. É un organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Consellería de Sanidade da Xunta.

Estrutura actual[editar | editar a fonte]

Estrutura dos servizos centrais[editar | editar a fonte]

No 2010 a estrutura do Sergas definida polo Decreto 132/2009 era a seguinte:

  • Presidencia: a conselleira de Sanidade.
  • Xerencia.
  • Tres Direccións xerais:
    • Dirección de Asistencia Sanitaria: responsable da organización da asistencia sanitaria, da investigación e da coordinación co Ministerio e co resto dos servizos de saúde. Tamén é responsable do control dos convenios con entidades privadas.
    • Dirección de Recursos Económicos: responsable da elaboración e control dos orzamentos do Sergas, contabilidade e contratos que firman directamente os servizos centrais.
    • Dirección de Recursos Humanos: responsable do persoal do Sergas.

Centros sanitarios do Sergas[editar | editar a fonte]

Listaxe de hospitais e outros centros que conforman o Servizo Galego de Saúde:

Provincia da Coruña[editar | editar a fonte]

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS)

Hospital Psiquiátrico de Conxo.
Hospital Médico Cirúrxico de Conxo.
Hospital do Barbanza.
Hospital A Coruña.
(Antigo Juan Canalejo).
Hospital Montecelo (Pontevedra).
  • Hospital Clínico Universitario
  • Hospital Gil Casares
  • Hospital Psiquiátrico de Conxo
  • Hospital Médico Cirúrxico de Conxo
  • Centro de Especialidades Ambulatorio Concepción Areal

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC)

  • Hospital A Coruña
  • Hotel de pacientes (anexo ao Hospital A Coruña)
  • Sanatorio Marítimo de Oza
  • Hospital Abente y Lago
  • Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera
  • Centro de Especialidades Ventorrillo
  • Centro de Especialidades de Carballo
  • Centro de Especialidades Abente y Lago
  • Centro de Especialidades de Betanzos
  • Centro de Orientación Familiar

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF)

Hospital Arquitecto Marcide.

Hospital Virxe da Xunqueira (Cee)

Provincia de Lugo[editar | editar a fonte]

Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

  • Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)
  • Hospital Xeral de Lugo (centro de día)
  • Hospital de Calde (psiquiátrico)
  • Hospital Provincial San José
  • Centro de Especialidades Praza do Ferrol

Hospital Comarcal de Monforte

Hospital da Costa en Burela

Provincia de Ourense[editar | editar a fonte]

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO)

  • Hospital Nosa Señora do Cristal
  • Hospital Santa María Nai
  • Hospital Santo Cristo de Piñor
  • Hospital Materno-Infantil Infanta Elena.
  • Hospital Psiquiátrico Dr. Cabaleiro Goás
  • Centro de Especialidades Rúa do Concello

Hospital Comarcal de Valdeorras

Hospital de Verín

Provincia de Pontevedra[editar | editar a fonte]

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP)


Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)

Hospital Álvaro Cunqueiro.

Hospital Comarcal do Salnés en Vilagarcía de Arousa

Centro de Especialidades de Lalín

Outros servizos[editar | editar a fonte]

Outras unidades de carácter público que apoian a prestación de servizos especializados da rede hospitalaria galega son:

  • Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec, agora chamada Galaria).
  • Fundación Galega de Medicina Xenómica.
  • Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía.
  • Centro de Transfusión de Galicia.
  • 061: Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia.

Outros hospitais privados con concertos co Sergas son:

  • Centro Médico El Carmen (Ourense).
  • Centro Oncolóxico de Galicia (A Coruña).
  • Instituto Médico-Cirúrgico San Rafael (A Coruña).
  • Hospital Cosaga (Ourense).
  • Hospital HM La Esperanza (Santiago de Compostela).
  • Hospital HM La Rosaleda (Santiago de Compostela).
  • Hospital HM Modelo (A Coruña)
  • Hospital Quirón Miguel Domínguez (Pontevedra).
  • Hospital Nosa Señora de Fátima (Vigo).
  • Hospital QuirónSalud (Pontevedra).
  • Hospital QuirónSalud (A Coruña).
  • Hospital POVISA (Vigo).
  • Hospital Xeneral Juan Cardona (Ferrol).
  • Policlínico de Lugo (Lugo).
  • Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]