Excitación
Aparencia
| Excitación | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||

A excitación[1] é a primeira parte dunha resposta sexual.
Iníciase coa estimulación que pode ser física, psicolóxica ou unha combinación de ambas as dúas a través do olfacto, a vista, o tacto, o pensamento ou as emocións. En termos fisiolóxicos, relaciónase co fenómeno vasoconxestivo: fluxo de sangue en certas rexións do corpo, particularmente nos órganos pelvianos. As súas manifestacións fundamentais, que poden non ser instantáneas nin permanentes, son a erección do pene e a lubricación vaxinal. Así mesmo, ambos os dous sexos experimentan un aumento do ritmo cardíaco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para excitación.