Os contraceptivos orais, máis coñecidos como pílulas anticonceptivas ou, sinxelamente, a pílula, é un método contraceptivo feminino que consta dunha pastilla que contén hormonas sexuais femininas, unha combinación de estróxenos (estradiol) e proxestáxeno (proxesterona). Cando se toman por vía oral diariamente, estas pílulas inhiben a fertilidade feminina. A súa eficacia depende dos estudos realizados, e pode oscilar entre o 0,3 e 8 embarazos/muller/ano.
As pílulas foron inicialmente aprobadas para uso anticonceptivo nos Estados Unidos en 1960, e son unha forma moi popular de control da natalidade. Son usadas no presente por máis de 100 millóns de mulleres en todo o mundo e case 12 millóns de mulleres só nos Estados Unidos.[1] O seu uso varía enormemente segundo o país,[2] a idade, a escolaridade e o estado civil. Un terzo das mulleres entre 16-49 anos no Reino Unido utilizan a pílula que só contén o proxestáxeno ou a pílula combinada.[3][4]
As dúas formas de pílula están na Lista de Medicamentos Esenciais da Organización Mundial da Saúde, os medicamentos máis importantes, necesarios nun sistema básico de saúde.[5] A pílula foi un catalizador para a revolución sexual.[6] Os historiadores acreditan a pílula como o contraceptivo máis importante na transferencia de poder sobre os dereitos reproductivos dos homens para as mulleres.[7]
↑Taylor, Tamara; Keyse, Laura; Bryant, Aimee (2006). Office for National Statistics, ed. Contraception and Sexual Health, 2005/06(PDF). Londres. ISBN1-85774-638-4. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 09 de xaneiro de 2007. Consultado o 22 de maio de 2018. British women aged 16–49: 24% currently use the Pill (17% use Combined pill, 5% use Minipill, 2% don't know type)