Mirza Teletović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mirza Teletovic»)
Mirza Teletović
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 17 de setembro de 1985 (38 anos)
Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia
Nacionalidade Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 110 kg (242 lb)
Información da carreira
Carreira 2002–2018
Historial de equipos
Sloboda Tuzla (2002–2004)
Oostende (2004–2006)
Saski Baskonia (2006–2012)
Brooklyn Nets (2012–2015)
Phoenix Suns (2015–2016)
Milwaukee Bucks (2016–2018)
Premios e galardóns
Campión da ACB (2008, 2010)

Mirza Teletović, nado o 17 de setembro de 1985 en Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia, é un ex xogador profesional de baloncesto bosníaco que xogou seis tempadas na National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teletović debutou coma profesional no Sloboda Tuzla bosníaco durante a tempada 2002-03. Na súa primeira tempada no club, acadou 7.2 puntos e 2.7 rebotes por partido, mentres que na segunda tempada incrementou eses números ata os 26.4 puntos e 6.6 rebotes por encontro, en 17 partidos disputados.

En 2004, Teletović fichou polo BC Oostende belga, onde xogou dúas tempadas. No ano 2006 fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB, equipo co cal debutou na Euroliga. Co paso das tempadas converteuse no capitán do Baskonia e nun dos xogadores máis importantes do equipo.

O 3 de xullo de 2012, Teletović acordou cos Brooklyn Nets un contrato de 3 anos e 15.6 millóns de dólares.[1] Este contrato foi cambiado a un contrato de 3 anos e 9 millóns de dólares.[2] Fixo o seu debut na NBA o 5 de novembro de 2012 contra os Minnesota Timberwolves.

O 27 de setembro de 2018, Teletović anunciou a súa retirada coma xogador profesional.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sources: Nets, Mirza Teletovic agree". ESPN.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2012. 
  2. "Nets' deal with Teletovic reopens possibility of trade for Howard". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 6 de xullo de 2012. 
  3. Mirza Teletovic, doble campeón de la ACB con el Baskonia, anuncia su retirada

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]