Duško Ivanović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Duško Ivanović
Posición Aleiro
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Nacemento 1 de setembro de 1957 (66 anos)
Iugoslavia Bijelo Polje, Montenegro, Iugoslavia
Carreira
Tempadas 19801996
Canteira KK Jedinstvo
Internacional Iugoslavia Iugoslavia
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
     
     
     
Premios


Como adestrador

Adestrador

Duško Ivanović, nado en Bijelo Polje (daquela pertencente a Iugoslavia) o 1 de setembro de 1957, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto montenegrino. Actualmente é adestrador da Selección de baloncesto de Bosnia e Hercegovina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como xogador no KK Jedinstvo - Bijelo Polje. Xogou ademais no Budućnost, Jugoplastika de Split, Valvi Girona, CSP Limoges e Fribourg Olympic, destacando a súa etapa na Jugoplastika, club co que gañou dúas Copas de Europa de xeito consecutivo a finais dos anos '80. Ademais foi internacional coa selección iugoslava.

Nos seus últimos anos como xogador comezou a súa carreira como adestrador, primeiro no Fribourg Olympic suízo na tempada 1993-94 como xogador e segundo adestrador. Na tempada 1994-95 foi segundo adestrador do Valvi Girona da Liga ACB, e ao ano seguinte volveu a Suíza para xogar unha última tempada no Fribourg, á vez que se fixo cargo da dirección do equipo. Trala súa retirada como xogador iniciou a carreira de adestrador en Suíza. Logo dunha tempada no CSP Limoges francés na que gañou unha Copa Korać (2000) asinou polo Saski Baskonia (daquela Tau Cerámica), club co que gañou unha Liga ACB e dúas Copas do Rei, ademais de levar ao equipo vitoriano a disputar a final da Euroliga (2001 e 2005). Tras cinco tempadas no club vasco, no verán do 2005 asinou polo FC Barcelona, sendo destituído o 14 de febreiro do 2008 tras caer eliminado nos cuartos de final da Copa do Rei ante o debutante Iurbentia Bilbao Basket e efectuar unhas declaracións en contra do equipo que tiña. O 17 de xuño do 2008 volveu ao Baskonia, club polo que asinou por tres tempadas. Na tempada 2009-10 gañou a Liga ACB á fronte do Baskonia tras derrotar ao gran favorito, o FC Barcelona, por un 3-0 na final, na que os cataláns contaban co factor cancha a favor.

Entre 1997 e o 2000 ostentou o cargo de seleccionador suízo.

No 2006 tomou parte a prol da independencia de Montenegro no plebiscito do 2006.

Equipos[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

  • Títulos internacionais:
  • Títulos en Suíza:
  • Títulos en Francia:
  • Títulos en España:

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]