KK Union Olimpija
| Košarkarski Klub Union Olimpija | |
| Liga | Liga de baloncesto de Eslovenia |
| Fundado en | 1946 |
| Historia | 1946-presente |
| Pavillón | Dvorana Tivoli (6000 espectadores) |
| Cidade | Ljubljana, Eslovenia |
| Cores | Verde, Branco |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Títulos | |
| Web | |
O Košarkarski Klub Union Olimpija ou KK Union Olimpija é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Ljubljana (Eslovenia). Actualmente compite na máxima categoría da Liga de baloncesto de Eslovenia, a Liga Adriática e a Euroliga.
Índice |
Traxectoria [editar]
O club foi fundado en 1946 como parte doutro club máis grande denominado Svodova para competir na liga de baloncesto de Iugoslavia. Posteriormente o nome da entidade cambiou varias veces: Enotnost (1947-1954), AŠK Olimpija (1955-1976), Brest Olimpija (1977-1978), Iskra Olimpija (1979-1982), Smelt Olimpija (1984, 1986-1996), ata finalmente adoptar a súa denominación actual en 1997.
O equipo disputou inicialmente os seus encontros como local no Ximnasio Tabor, para posteriormente trasladarse ao Dvorana Tivoli en 1965. Este pavillón só conta con 4050 asentos, polo que nas ocasións nas que o equipo disputa encontros de Euroliga o fai nun pavillón cunha capacidade maior: o Dvorana Tivoli con 6000 localidades.
O seu maior éxito europeo chegou na tempada 1993-94, cando o equipo se alzou campión da Copa Saporta ao vencer na final por 91 a 81 o equipo da ACB Taugres Vitoria.
Palmarés [editar]
En Iugoslavia [editar]
En Eslovenia [editar]
- 14 Ligas eslovenas: de 1992 a 1999, 2001-2002, de 2004 a 2006, 2008 e 2009
- 16 Copas eslovenas: de 1992 a 1995, de 1997 a 2003, 2005, 2006, 2008, 2009 e 2010
- 6 Supercopas|eslovenas: 2003, 2004, 2005, 2007, 2008 e 2009
Competicións internacionais [editar]
- 1 Liga Adriática: 2001-02
- 1 Copa Saporta: 1994
- 3ª praza na Euroliga: 1996-97
- Campión da liga SBA: 1994
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Site oficial (en esloveno)