Fernando San Emeterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando San Emeterio
Valencia Basket
Información persoal
Nacemento 1 de xaneiro de 1984 (40 anos)
España Santander, España
Altura 1,99 m (6 ft 6.5 in)
Peso oficial 105 kg (232 lb)
Cargo Adestrador asistente
Información da carreira
Carreira 20012021
Historial de equipos
Valladolid (2001–2006)
Girona (2006–2008)
Saski Baskonia (2008–2015)
Valencia (2015–2021)
Premios e galardóns
MVP da Liga ACB (2011)

Fernando San Emeterio Lara, nado o 1 de xaneiro de 1984 en Santander, é un ex xogador español de baloncesto profesional. Mide 1.99 metros e xogaba nas posicións de escolta e ala. Actualmente é adestrador asistente do Valencia Basket.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

San Emeterio comezou a xogar coma profesional no CB Valladolid na tempada 2001-02. En 2006, fichou polo Akasvayu Girona, e dous anos despois polo Saski Baskonia. No Baskonia, foi elixido coma o mellor xogador da tempada da Liga ACB na tempada 2010-11.[1] En 2011, ampliou o seu contrato co Baskonia por catro tempadas máis. O 30 de xuño de 2015, San Emeterio deixou o equipo tras sete tempadas.[2]

O 8 de xullo de 2015, San Emeterio asinou un contrato de dous anos co Valencia BC.[3]

O 1 de xullo de 2021, San Emeterio anunciou a súa retirada coma xogador de baloncesto profesional.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fernando San Emeterio, MVP Orange 2010–11". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  2. "Fernando San Emeterio, Baskonia part ways". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  3. "Valencia officially lands Fernando San Emeterio until 2017". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  4. Fernando San Emeterio anuncia su retirada

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]