Linton Johnson
| Air Avellino | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de xuño de 1980 (32 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
| Peso | 93 kg (205 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Tulane |
| Carreira | dende 2003 |
| Historial de equipos | |
| Chicago Bulls (2003–2004) San Antonio Spurs (2004–2005) New Jersey Nets (2005) New Orleans/Oklahoma City Hornets (2005–2007) Saski Baskonia (2007–2008) Toronto Raptors (2008) Phoenix Suns (2008) Washington Wizards (2008) Charlotte Bobcats (2008) Chicago Bulls (2008-2009) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1x Campión da NBA (2005) | |
Linton Johnson III, nado o 13 de xuño de 1980 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Air Avelino da Lega Basket Serie A.
Tras catro anos na Universidade de Tulane,[1] comezou a súa carreira coma profesional nos Chicago Bulls na tempada 2003-04 coma axente libre, sen ser elixido no Draft da NBA, onde xogou 20 partidos coma titular.[1] Xogou ademais para os Phoenix Suns, San Antonio Spurs, New Jersey Nets, New Orleans Hornets e outra vez nos Phoenix Suns, cos cales asinaría un contrato por dez días na tempada 2007-08.[2] Os Suns non renovaron ese contrato, e o 27 de marzo de 2008, Johnson asinou un contrato de dez días cos Toronto Raptors.[1] Tras rematar este contrato, asinou outra vez polos Suns o 16 de abril de 2008.
O 11 de marzo de 2009, Johnson asinou o primeiro de dous contratos de dez días cos Chicago Bulls. Era a súa segunda etapa nos Bulls.[3] Foi fichado para o resto da tempada tras rematar o segundo contrato de dez días. O 30 de xullo de 2009, os Bulls prescindiron de Johnson.
En setembro de 2009, Johnson asinou polos Orlando Magic.[4] Foi despedido o 28 de outubro de 2009.[5][6]
En agosto de 2010, asinou co Air Avellino da Lega Basket Serie A italiana.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Raptors sign forward Linton Johnson to 10-day contract
- ↑ Suns Notebook: Suns Can't Swing Deal at Deadline; Sign Free Agent Johnson
- ↑ Bulls bring back Johnson; forward on 10-day contract
- ↑ Magic Sign Almond, Johnson; Prepare for Camp
- ↑ Magic waive Johnson, have only 11 players for opener
- ↑ Magic waive reserve Johnson, trim roster to 13". USA Today. 28 de outubro de 2009. Consultado o 28 de outubro de 2009.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Aleiros de baloncesto
- Xogadores Chicago Bulls
- Xogadores San Antonio Spurs
- Xogadores New Jersey Nets
- Xogadores New Orleans Hornets
- Xogadores Toronto Raptors
- Xogadores Phoenix Suns
- Xogadores Washington Wizards
- Xogadores Charlotte Bobcats