Fernando Quiroga Palacios
Fernando Quiroga Palacios, nado en Maceda o 21 de xaneiro de 1900 e falecido en Madrid o 7 de decembro de 1971, foi un sacerdote e bispo católico galego.
Traxectoria [editar]
Estudou no Seminario de Ourense, ordenouse en 1922. Foi ecónomo e coadxutor en dúas parroquias ourensás, e doutorouse en Teoloxía na Universidade Pontificia de Santiago. Posteriormente licenciouse en Sagradas Escrituras en Roma e foi profesor do Seminario de Ourense e Valladolid. En 1945 foi designado bispo de Mondoñedo-Ferrol, posto no que permaneceu ata 1949, cando foi nomeado arcebispo de Santiago e cardeal en 1952.
Foi o primeiro cardeal que celebrou misa en galego. Foi nomeado académico de honra da Real Academia Galega pola súa defensa de Galicia. Creou o Instituto de Estudos Xacobeos e a súa revista Compostellanum.
Está soterrado na catedral de Santiago de Compostela, ao pé do Pórtico da Gloria.
| Predecesor: Benjamín de Arriba y Castro |
Bispo de Mondoñedo 1945-1949 |
Sucesor: Mariano Vega Mestre |
| Predecesor: Tomás Muniz Pablos |
Arcebispo de Santiago de Compostela 1949 - 1971 |
Sucesor: Carmelo Ballester Nieto |