Ángel Suquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ángel Suquía Goicoechea nado en Zaldivia, Guipúscoa, o 2 de outubro de 1916, e finado en Donostia o 13 de xullo de 2006, foi un sacerdote de España, Cardeal e Arcebispo de Madrid, diocese na cal mantivo o cargo como emérito. Era Doutor en Teoloxía.

Índice

Traxectoria [editar]

Recibiu a súa formación relixiosa, primeiro no seminario menor de Motrico (Guipúscoa) e despois no seminario de Vitoria. Foi ordenado sacerdote en 1940, tras regresar precipitadamente da Alemaña ao estalar a Segunda guerra mundial, onde estaba estudando.

Dende 1941 foi membro activo da Acción Católica. No 1946 viaxou á Pontificia Universidade Gregoriana en Roma, doutorándose en 1949. No 1951 foi nomeado profesor do seminario vitoriano onde estudara, chegando á reitoría no 1955.

Foi tamén bispo da diocese de Almería (1966), da de Málaga (1969), arcebispo da arquidiocese de Santiago de Compostela (1973) e en 1983 de Madrid-Alcalá, recibindo o cardealado en 1985. Foi presidente da Conferencia Episcopal Española de 1987 a 1993. No 1986 foi elixido membro da Real Academia da Historia de España e relacionouse, aínda que non era membro, co Opus Dei coa ocasión do proceso de canonización do seu fundador, Josemaría Escrivá de Balaguer,[1] en cuxa causa canónica participou de oficio[2].

Obras publicadas [editar]

  • El cristiano ante una sociedad conflictiva. Edit. Palabra. Madrid, 2002. ISBN 84-7118-796-5
  • Seguir a Cristo hoy: discursos y conferencias. Encuentro, D.L. Madrid, 1992. ISBN 84-7490-294-0
  • Juan Pablo II y el hombre. Editorial Católica. Madrid, 1979. ISBN 84-220-0920-X

Notas [editar]

  1. Diario La Vanguardia, edición impresa de 16 de decembro de 1988.
  2. Cronoloxía da canonización de Monseñor Escrivá de Balaguer na páxina oficial da Santa Sé

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]


Predecesor:
Alfonso Ródenas García
Bispo de Almería
1966 - 1969
Sucesor:
Manuel Casares Hervás
Predecesor:
Emilio Benavent Escuín
Bispo de Málaga
novembro de 1969 - abril de 1973
Sucesor:
Ramón Buxarrais Ventura
Predecesor:
Fernando Quiroga y Palacios
Arcebispo de Santiago de Compostela
abril de 1973 - abril de 1983
Sucesor:
Antonio María Rouco Varela
Predecesor:
Vicente Enrique y Tarancón
Arcebispo de Madrid
abril de 1983 - jullo de 1994
Sucesor:
Antonio María Rouco Varela
Predecesor:
Gabino Díaz Merchán
Presidente da Conferencia Episcopal Española
1987 - 1993
Sucesor:
Elías Yanes Álvarez