Lingua croata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Croata")
Croata (hrvatski)
Pronuncia: ['xr̩ʋaːtskiː]
Falado en: Croacia, Bosnia e Hercegovina, Serbia, Montenegro
Rexións: Balcáns
Total de falantes: 6.214.000 (1995)
Posición: Fóra das 100 primeiras
Familia: Indoeuropea
 Eslava
  Eslava meridional
   Croata
Escrita: alfabeto latino con dous diacríticos.
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Croacia, Bosnia e Hercegovina e Burgenland (Austria)
Códigos de lingua
ISO 639-1: hr
ISO 639-2: scr (B) hrv (T)
ISO 639-3: hrv
SIL: HRV
Serbo croatian languages2006.png

O croata é unha lingua eslava meridional falada principalmente por croatas na Croacia, e en rexións próximas. É oficial nos países de Croacia e Bosnia-Hercegovina.

É moi próximo do serbio e os falantes dos dous idiomas se entenden e conseguen se comunicar perfectamente.

Índice

[editar] Escrita e pronuncia

O idioma croata escríbese co alfabeto latino, ao contrario do serbio que é escrito en alfabeto cirílico. Son utilizados dous sinais diacríticos: o acento agudo, sempre sobre a letra "c", que indica palatalización fraca, e a braquia (circunflexo invertido), sobre as sibilantes "s", "c" e "z", que indican palatalización forte. Para as demais letras, a palatalización indícase por medio da letra "j", nos dígrafos "nj" e "lj".

É importante resaltar que, diferentemente das linguas latinas en que en que os sinais diacríticos considéranse xeralmente meros modificadores de letras existentes, no caso do croata eles representan letras diferentes e, como tales, fan parte do alfabeto.

A a B b C c Č č Ć ć D d Đ đ
Dž dž E e F f G g H h I i J j
K k L l Lj lj M m N n Nj nj O o
P p R r S s Š š T t U u V v
Z z Ž ž (i+e=ie) (r+r=ŕ)

Preséntase a seguir unha táboa co alfabeto croata e as súas respectivas pronuncias:


Alfabeto Croata (Abeceda hrvatskog jezika) - Escrita e Pronuncia
A a B b C c Č č Ć ć D d Đ đ Dž dž E e F f
"a" "b" "ts" "ch" (forte) "ch" (fraco) "d" "dx" (fraco) "dx" (forte) "e" "f"
G g H h I i J j K k L l Lj lj M m N n Nj nj
"g" "rr" "i" "i" semivogal "c" "l" "ll" "m" "n" "ñ"
O o P p R r S s Š š T t U u V v Z z Ž ž
"o" "p" "r" tremido "s" "x galego" "t" "u" "v" "z" "j"

[editar] Gramática

Así como as demais linguas eslavas, o croata é un idioma declinativo, isto é, a función sintáctica das palabras é expresada por medio das desinencias das palabras. Son sete casos en total: Nominativo (suxeito), Xenitivo, Dativo (obxecto indirecto), Vocativo, Instrumental (instrumento), Acusativo (obxecto directo) e Locativo.

[editar] Algunhas frases

Croatian dialects in Cro and BiH 1.PNG
  • Dobro jutro! - Bo día!
  • Dobar dan! - Boa tarde!
  • Dobra večer! - Boa noite!
  • Ne govorim hrvatski! - Eu non falo croata!
  • Koliko to košta? - Canto custa iso?
  • Zbogom! - Adeus!
  • Bog! - Chao!
  • Do viđenja! - Ata a vista!
  • Hvala lijepo! - Grazas!
  • Nema na čemu! - De nada!
  • Oprosti! - Desculpe!

Numerais:

  • 1 - jedan
  • 2 - dva
  • 3 - tri
  • 4 - četiri
  • 5 - pet
  • 6 - šest
  • 7 - sedam
  • 8 - osam
  • 9 - devet
  • 10 - deset

[editar] Véxase tamén

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua croata.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas