Reggie Evans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reggie Evans
Reggie Evans Nets.jpg
Sacramento Kings – No. 30
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 18 de maio de 1980 (34 anos)
Flag of Florida.svg Pensacola, Florida
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso 111 kg (245 lb)
Instituto Woodham (Pensacola, Florida)
Información da carreira
Universidade Coffeyville Community College
(1998-2000)
Iowa (2000-2002)
Carreira dende 2002
Historial de equipos
Seattle SuperSonics (2002-2006)
Denver Nuggets (2006-2007)
Philadelphia 76ers (2007-2009)
Toronto Raptors (2009-2011)
Los Angeles Clippers (2011-2012)
Brooklyn Nets (2012-2014)
Sacramento Kings (2014-presente)
Información en nba.com

Reginald Jamaal "Reggie" Evans, nado en Pensacola, Florida o 18 de maio de 1980, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Evans asistiu ó Coffeyville Community College en Coffeyville, Kansas, do ano 1998 ata o 2000, cando se trasladou á Universidade de Iowa. En 2001, Evans liderou ó país en tiros libres intentados, tiros libres anotados, e dobre-dobres. Liderou a Big Ten Conference en rebotes en 2001 e en 2002, foi nomeado MVP do Torneo da Big Ten en 2001, e foi incluído no segundo Equipo All-Big Ten en 2002.

Traxectoria NBA[editar | editar a fonte]

Seattle SuperSonics[editar | editar a fonte]

Asinou cos Seattle SuperSonics coma axente libre, onde se deu a coñecer pola súa capacidade reboteadora. Na tempada 2004-05, liderou a liga en rebotes por minutos xogados, tras rematar entre os 10 primeiros nas dúas tempadas anteriores. Malia xogar menos de 24 minutos por encontro, rematou noveno en toda a liga en rebotes totais.

A mellor tempada de Evans viuse freada o 3 de xaneiro de 2006, cando os Sonics destituíron ó adestrador Bob Weiss, e puxeron ó asistente Bob Hill no seu lugar. No novo sistema de Hill, Evans perdeu o posto de titular e os seus minutos reducíronse drasticamente.

Denver Nuggets[editar | editar a fonte]

O 23 de febreiro de 2006, os Sonics traspasaron a Evans ós Denver Nuggets.[1] Nos seus cinco primeiros partidos cos Nuggets, Evans xogou máis minutos que nos seus 21 derradeiros encontros cos Sonics.

O 10 de marzo de 2006, contra os Toronto Raptors, Evans capturou 20 rebotes sen anotar ningún punto. Convertiuse no primeiro xogador en facer 20 rebotes e 0 puntos dende que o fixera Dennis Rodman o 15 de decembro de 1997 contra os Phoenix Suns.

Philadelphia 76ers[editar | editar a fonte]

O 10 de setembro de 2007, Evans foi traspasado xunto ós dereitos do Draft de Ricky Sánchez ós Philadelphia 76ers, a cambio de Steven Hunter e Bobby Jones.[2]

Evans foi o ala-pivote titular dos Sixers na tempada 2007-08. Con el, os Sixers pasaron de ser o peor equipo reboteador da liga, a estar nos 15 equipos con máis rebotes.[3] Evans tan só se perdeu un partido en toda a tempada, e foi titular en máis partidos que nas súas dúas tempadas en Denver.

Toronto Raptors[editar | editar a fonte]

O 9 de xuño de 2009, Evans foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Jason Kapono.[4] Comezou a tempada cunha lesión nun pé, e non debutou cos Raptors ata o 10 de febreiro de 2010. O 24 de novembro de 2010, Evans conseguiu a maior cantidade de rebotes da súa carreira, ó capturar 22 na vitoria dos Raptors sobre os Philadelphia 76ers por 106-90.

Los Angeles Clippers[editar | editar a fonte]

O 22 de decembro de 2011, Evans asinou un contrato dun ano cos Los Angeles Clippers.[5] Rematou a tempada con 1.9 puntos e 4.8 rebotes en 13.8 minutos por partido, xogando nun total de 56 encontros.[6]

Brooklyn Nets[editar | editar a fonte]

O 11 de xullo de 2012, Evans foi traspasado ós Brooklyn Nets nun sign-and-trade.[7][8] Na súa primeira tempada cos Nets, Evans xogou 80 partidos, 56 deles coma titular, e acadou por segunda vez na súa carreira máis de 10 rebotes por encontro, con 11.1.

Sacramento Kings[editar | editar a fonte]

O 19 de febreiro de 2014, Evans foi traspasado xunto a Jason Terry ós Sacramento Kings a cambio de Marcus Thornton.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]