Isaiah Thomas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isaiah Thomas
Isaiah Thomas Dec 2013.jpg
Phoenix Suns – No. 3
Base
Información persoal
Nacemento 7 de febreiro de 1989 (25 anos)
Flag of Washington.svg Tacoma, Washington
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,75 m (5 ft 9 in)
Peso 84 kg (185 lb)
Instituto South Kent School
Información da carreira
Universidade Washington (2008–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 60

Escollido por Sacramento Kings

Carreira dende 2011
Historial de equipos
Sacramento Kings (2011-2014)
Phoenix Suns (2014-presente)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies NBA (2012)
Información en nba.com

Isaiah Jamar Thomas, nado o 7 de febreiro de 1989 en Tacoma, Washington, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Instituto[editar | editar a fonte]

Thomas foi ao Curtis Senior High School en University Place, Washington, e despois ao Kent High School en Kent, Connecticut, onde repetiu un curso debido a deficiencias académicas. Graduouse en Kent no ano 2008. En Curtis, Thomas fixo 31.2 puntos por partido coma júnior.[1]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

NBA[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2011, Thomas foi elixido na 60ª e derradeira posición do Draft da NBA de 2011 polos Sacramento Kings. O 19 de febreiro de 2012, Thomas fixo o seu primeiro dobre-dobre con 23 puntos e 11 asistencias contra os Cleveland Cavaliers.

O 1 de marzo de 2012, Thomas foi nomeado Rookie do Mes de febreiro da Conferencia Oeste, tras facer 12.2 puntos e 4.4 asistencias por partido.[2]

O 12 de xullo de 2014, Thomas foi traspasado ós Phoenix Suns nun acordo que tamén mandou os dereitos de Alex Oriakhi ós Kings.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]