Río Cardener
| Río Cardener | |
|
Fontes do Cardener |
|
| País | España |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Fonts del Cardener (Lleida) |
| Altitude | 1.100 msnm |
| Lonxitude | 87 km |
| Caudal medio | 6,16 m³/s en Manresa |
| Conca | |
| Desembocadura | Río Llobregat |
O Cardener é un río de Cataluña, principal afluente do río Llobregat. Nace a unha altitude de aproximadamente 1.100 m, nas Fontes do Cardener, situadas nun val entre as serras do Port del Comte (2.332 m) e a do Verd (2.271 m), no termo municipal de la Coma i la Pedra (Lleida), e desemboca no río Llobregat no termo de Castellgalí, tras 87 km de percorrido.
Na súa canle atópanse os encoros da Llosa del Cavall e Sant Ponç, situados respectivamente nos termos de Sant Llorenç de Morunys e Clariana de Cardener. Este último foi proxectado no ano 1921. En ambos poden practicarse deportes acuáticos.
O río pasa polos municipios de: Sant Llorenç de Morunys, Solsona, Olius, Clariana de Cardener, Cardona, Súria, Callús, Sant Joan de Vilatorrada, Manresa e Castellgalí.