Refrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O refrán é o verso ou versos que se repiten ao final de cada obra (estrofa nas cantigas medievais.

Por exemplo, nas cantigas de amigo, repítese o último verso en cada cobra da cantiga. Podémolo ver na seguinte cantiga de D. Dinis:

Ai flores, ai flores do verde pino,
se sabedes novas do meu amigo!
ai Deus, e u é?

Ai flores, ai flores do verde ramo,
se sabedes novas do meu amado!
ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amigo,
aquel que mentiu do que pôs comigo!
ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amado,
aquel que mentiu do que mi há jurado!
ai Deus, e u é?"
(...)


Proverbios[editar | editar a fonte]

Un refrán tamén pode referirse a un dito popular, isto é, unha frase curta que expresa un pensamento popular e que, ás veces, tamén se denomina como proverbio. Por exemplo, De tal pano, tal saia é un refrán que se emprega para indicar persoas que saen aos proxenitores.