Aude
| Rexión | |
| Prefectura | Carcassonne |
| Presidente | Marcel Rainaud |
| Distritos | 3 |
| Cantóns | 35 |
| Concellos | 438 |
| Superficie | 6139 km² |
| Poboación (1999) - Total - Densidade |
309.770 hab. 50 hab./km² |
![]() |
|
| Localización de Aude en Francia. | |
Aude é un departamento de Francia cuxa capital é Carcassonne. Forma parte da rexión de Languedoc-Rosellón. O seu xentilicio en francés é Audois. Das tres patrias da cassoulet (Carcassonne, Castelnaudary e Toulouse), dúas atópanse en Aude.
Índice |
Historia [editar]
O departamento de Aude foi un dos oitenta e tres creados o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789. As súas fronteiras abarcan o que anteriormente foi unha parte da provincia de Languedoc.
Xeografía [editar]
- Está limitado polos departamentos de Hérault ao nordeste, Tarn ao norte, Alta Garona ao noroeste, Ariège ao suroeste, Pireneos Orientais ao sur, e polo mar Mediterráneo (47km de costa) ao leste.
- Por Aude pasan os ríos Aude, Orbieu e Hers.
- Punto máis alto: Pic du Madrès (2.469m). Punto máis baixo: 0m (costa mediterránea)
- Estrada máis alta: Col du Pradel (1.679m)
- Outros cumios: Pic du Bernard-Sauvage (2.423m), Picaucel (2.027m), La Glèbe (2.024m)
- Maior lagoa: Étang de Bages-et-de-Sigean (45km²)
- Estanques salgados: Étang de Salses-Leucate (110km², compartido cos Pireneos Orientais), Étang de Gruissan (25km²), Étang de l'Ayrolle e Étang de Campignol (16km² entre ambos), Étang de Lapalme
- Lagos de l'Estrade e Étang de Pissevaches
- Desfiladeiros da Pierre-Lys, Gorges de Galamus, da Frau, do Orbieu, do Aude
- Grutas de Limousis, de Laguzou, de Cabrespine (sima xigante)
Clima [editar]
O clima de Aude é predominantemente mediterráneo.
O outono caracterízase por tormentas violentas e rápidas. O verán é a miúdo cálido e seco, o que favorece o cultivo da vide e a oliveira. Mais, o departamento é unha terra de contrastes:
No norte, a Montagne Noire (montaña negra) e, no sur, o país de Sault teñen climas de montaña, con temperaturas a veces moi baixas en inverno.
No oeste, o clima é de tipo aquitano, con precipitacións máis importantes, mentres que no leste o clima é puramente mediterráneo.
No centro, na rexión Limouxine, Carcassonnaise e do Razès, o clima é intermedio, con exposicións importantes aos ventos. Os ventos están a miúdo presentes no Aude. É un dos departamentos franceses máis ventosos con 300 a 350 días de vento por ano. Este fenómeno débese principalmente aos relevos setentrionais e meridionais que forman un corredor.
No noroeste sopra o Cers, chamado Tramontane en Provenza, que é un vento de terra. É un vento seco e violento e frío en inverno. Ao contrario, sopra o Autan que é cálido e húmido e procede do mar ao sureste. Estes ventos regulares permitiron instalar centrais eólicas como en Avignonet-Lauragais.
Demografía [editar]
| 1801 | 1831 | 1841 | 1851 | 1856 | 1861 | 1866 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 225.228 | 270.125 | 284.285 | 289.747 | 282.833 | 283.606 | 288.626 |
| 1872 | 1876 | 1881 | 1886 | 1891 | 1896 | 1901 |
| 285.927 | 300.065 | 327.942 | 332.080 | 317.372 | 310.513 | 313.531 |
| 1906 | 1911 | 1921 | 1926 | 1931 | 1936 | 1946 |
| 308.327 | 300.537 | 287.052 | 291.951 | 296.880 | 285.115 | 268.889 |
| 1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
| 268.254 | 269.782 | 278.323 | 272.366 | 280.686 | 298.712 | 309.770 |
As maiores cidades do departamento son (datos do censo de 1999):
- Narbona 46.510 habitantes; a aglomeración fórmaa un único municipio.
- Carcassona: 43.950 habitantes; a aglomeración fórmaa un único municipio.
- Castelnaudary: 10.851 habitantes, 11.876 na aglomeración.
Economía [editar]
Con pouca importancia da industria (centrada nas cidades principais e en Port-la-Nouvelle), os principais recursos proveñen da agricultura (principalmente a vide) e, sobre todo, do turismo. Lugares de interés son a cidade fortificada de Carcassonne, o conxunto monumental de Narbonne, a abadía de Fontfroide, os castelos de Peyrepertuse e Quéribus e a reserva africana de Sigean, entre outros.
