Yingkou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yingkou é unha cidade e porto do sur de Manchuria na República Popular China. Encravada a beira do río Hun no seu amplo meandro de desembocadura no Mar Amarelo, ten unha poboación de 605.000 habitantes (2006).

Historia[editar | editar a fonte]

Comezou a desenvolverse no segundo cuarto do século XIX ao substituír aos portos de Niuzhuang e Tianzhuangtai que, ao estaren augas arriba do río foron quedando entupidos. De aí provén a confusión de ser coñecida coma Newchwang, que foi o porto elixido polo tratado de Tientsin (1858) coma un dos abertos ao tráfico occidental.

Nos nosos tempos (1985) Yingkou, desta vez si, foi elixida unha das cidades abertas a inversión estranxeira o que facilitou o seu desenvolvemento actual.