Lingua rusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Idioma ruso")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Ruso
'русский / russkij'
Falado en: Rusia, países da antiga Unión Soviética e Israel
Rexións: Europa, Asia
Total de falantes: 145 millóns (1a lingua) e máis outros 110 millóns como segunda lingua
Posición: 7
Familia: Indoeuropea
 Balto-eslava
  Eslava
   Eslavo oriental
    Ruso
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Rusia, Bielorusia, Casaquistán, Quirguisia, ONU, Ucraína (en Crimea)
Regulado por: Academia de Ciencias Rusa
Códigos de lingua
ISO 639-1: ru
ISO 639-2: rus
SIL: RUS
Idioma ruso.PNG

O ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferencia-lo do ucraíno ou "pequeno ruso") é a lingua eslava con máis falantes. Forma co ucraíno e o bielorruso o grupo das linguas eslavas do leste. A variedade do dialecto ruso medio falada na área de Moscova é a base da forma estándar da lingua. Hai minorías rusófonas significativas en tódolos estados que fixeron parte da antiga Unión Soviética e mantén aínda un certo status como lingua de cultura. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

O ruso é unha lingua da familia indoeuropea. Os seus parentes máis cércanos son o bielorruso e o ucraíno. En moitas áreas de Ucraína e Bielorrusia nas que están en contacto, os falantes úsanas indistintamente e mesmo chegan a producirse, como no caso de Surzhik, na Ucraína central, casos de falas híbridas.

O vocabulario básico, os principios de formación das palabras e, ata un certo punto, mesmo as inflexións e o estilo literario foron fortemente influenciadas polo eslavo eclesiástico, unha linguaxe, adoptada en parte do eslavo eclesiástico do sur, empregada pola Igrexa Ortodoxa Rusa. Esta é a causa de que determinadas palabras do ruso literario sexan máis similares ás do búlgaro moderno que ás do bielorruso ou do ucraíno. Nalgúns casos, as formas do eslavo de leste e as do eslavo eclesiástico coexisten, aínda que con matices de significado.

A fonoloxía e a sintaxe, especialmente nos dialectos setentrionais, foron influenciadas en parte polas numerosas linguas ugrofinesas (algunhas delas xa desaparecidas) que se falaban no centro e norte da actual Rusia europea, e que entraron en contacto co eslavo oriental na Idade Media. Os dialectos falados ó norte de Moscova teñen un considerable número de palabras de orixe fino-ugrio.

Fora do ámbito das linguas eslavas, o vocabulario e o estilo literario rusos foron moi influídos polo grego, o latín, o francés, o alemán e o inglés. O ruso moderno ten tamén un considerable número de palabras de orixe tártara e doutras linguas turcas.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

O ruso fálase en Rusia e, en menor grao, noutras países que foron parte da Unión Soviética. Ata 1917 foi a única lingua oficial do Imperio Ruso. Durante o período soviético a política lingüística, aínda que recoñecía as linguas propias de cada república constituinte e mesmo o dereito a educación primaria en moitas linguas de territorios sen rango de república, reservaba para o ruso un status especial como lingua de comunicación supranacional e de cultura. O seu rol como lingua de intercambio entre as antigas repúblicas soviéticas continuou despois da desaparición desta en 1991, aínda que perdeu a situación de privilexio.

En Letonia, cun terzo da poboación rusófona, o debate para o seu recoñecemento oficial segue a estar presente. Noutra das repúblicas bálticas, Estonia, os falantes son ó redor dunha cuarta parte da poboación.

Nos países do Pacto de Varsovia e outros países satélites da URSS foi lingua de escolarización obrigatoria, pero a súa desaparición do sistema escolar fixo que o coñecemento e o uso sexan limitados. Foi tamén amplamente ensinado en Laos, Vietnam, Camboxa e Mongolia.

En Israel hai (censo de 1999) ó redor de 750.000 xudeus rusófonos orixinarios de países da antiga URSS e atópanse comunidades de falantes de certo tamaño en Norteamérica. Segundo o censo do ano 2000 uns 4,2 millóns de persoas falan ruso nos EEUU. Na Europa occidental os grupos máis importantes de falantes de ruso concéntranse en Alemaña.

Status oficial[editar | editar a fonte]

Porcentaxe da poboación ucraína que apoia ao ruso como a segunda lingua do estado

É lingua oficial en Rusia e cooficial en Bielorrusia, Casaquistán, Quirguisia, na República Autónoma de Crimea, na Ucraína e nas non recoñecidas internacionalmente Transnistria, Osetia do Sur e Abkhazia. É un dos seis idiomas oficiais da ONU.

O 97% dos estudantes en escolas públicas de Rusia son educados só ou principalmente en ruso, así como o 75% en Bielorrusia, 41% en Casaquistán, 25% na Ucraína, 23% en Quirguisia, 21% en Moldova, 7% en Acerbaixán, 5 % en Xeorxia, 2% en Armenia e Taxiquistán. A escolarización en ruso é tamén aínda posible nas Repúblicas Bálticas, malia os intentos dos gobernos locais por reduci-las materias ensinadas en ruso.

O ruso é, por último, cooficial en sete comunidades da Romanía nas provincias de Tulcea e Constanza, onde a minoría dos lipovans rusofalantes constitúe o 20% da poboación.


Dialectos[editar | editar a fonte]

A pesares da estandarización do ruso a partir de 1900, especialmente no referente ao vocabulario, existe un gran número de dialectos en Rusia. Algúns lingüistas dividen os dialectos do ruso en dous grupos rexionais principais, o "setentrional" e o "meridional", coa Moscova como zona de transición entre os dous. Outros o dividen en tres grupos: "setentrional", "central" e "meridional", coa Moscova no grupo central. Os dialectólogos recoñecen dentro da Rusia ducias de variedades menores.

Os dialectos do norte teñen como característica máis notoria a pronunciación clara do fonema /o/ en posicións átonas -fenómeno denominado okan'e (оканье)- (mentres que nos acentos do sur -incluíndo Moscova- pasa a pronunciarse /ʌ/). Así mesmo, no acento do sur palatalízase o fonema /t/ en posición final e aspíranse os fonemas /g/, que pasan a ser máis semellantes ao fonema /h/. Estas características danse tamén no ucraíno moderno, o que indica a influencia entrámbolos dous.

Entre os primeiros en estuda-la dialectoloxía rusa estivo Lomonosov no século XVIII. No século XIX Vladimir Dal recolleu no seu dicionario o vocabulario dialectal. O estudo ao míudo dos dialectos do ruso comenzou a comezos do século XX. Destaca o Atlas dialectolóxico da lingua rusa (Диалектологический атлас русского языка), publicado en tres volúmes entre 1986-1989, despois de catro décadas de traballo.

O idioma estándar está baseado no dialecto moscovita.

Alfabeto[editar | editar a fonte]

O ruso escríbese co alfabeto ruso (русский алфавит ou русская азбука), variante do alfabeto cirílico (кириллический алфавит ou кириллица). Desde a reforma ortográfica do ano 1918 o alfabeto componse de 33 signos: 10 para reproducir as vocais, 21 para as consoantes máis dous signos Ь, Ъ que indican respectivamente a brandura (velarización) ou dureza da consoante anterior.

A táboa seguinte amosa as letras do alfabeto e a súa pronuncia.

А
/a/
Б
/b/
В
/v/
Г
/g/
Д
/d/
Е
/je/
Ё
/jo/
Ж
/ʐ/
З
/z/
И
/i/
Й
/j/
К
/k/
Л
/l/
М
/m/
Н
/n/
О
/o/
П
/p/
Р
/r/
С
/s/
Т
/t/
У
/u/
Ф
/f/
Х
/x/
Ц
/ʦ/
Ч
/ʨ/
Ш
/ʂ/
Щ
/ɕː/
Ъ
/-/
Ы
[ɨ]
Ь
/◌ʲ/
Э
/e/
Ю
/ju/
Я
/ja/

Con anterioridade empregáronse tamén outras letras, como por exemplo <ѣ> /ie/ ou /e/, <і> /i/, <ѳ> /f/, <ѵ> /i/ e <ѧ>, que confluíron en <я>. O yers <ъ> e <ь> indicaban a pronuncia de /ŭ/ e /ĭ/ ultra-curtos ou reducidos, que hoxe son [ɪ], [ɯ] ou [ə̈], [ə̹].

Na actualidade, o alfabeto ruso ainda non conta cun sistema de codificación de caracteres ben establecido e utilízanse varios (KOI8-R, Windows-1251, ISO/IEC 8859,..). Espérase que esta situación se solucione coa implementación de Unicode.

Ortografía[editar | editar a fonte]

A ortografía do ruso é bastante fonémica, con regularizacións e inconsistencias debidas á morfoloxía, a etimoloxía e a gramática. A maioría das regras ortográficas en vigor introducíronse entre 1880 e 1910. En 1918 produciuse unha reforma fundamental e en 1956 publicouse o padrón actual. A finais do século XX introduciuse unha actualización que non foi ben recibida e que non se ten adoptado formalmente.

A puntuación, que se baseaba no grego bizantino, reformulouse nos séculos XVII e XVIII seguindo os modelos do francés e o alemán.

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

O sistema fonolóxico do ruso deriva do eslavónico común, aínda que se modificou bastante no primeiro período da lingua e se asentou arredor de 1400.


Vogais[editar | editar a fonte]

O ruso conta con cinco vogais que se caracterizan polo elevado número de alófonos, dependendo de se a consoante que a precede está ou non palatalizada.


Anterior Central Posterior
Fechada i (ɨ) u
Media e (ə) o
Aberta a

Para algúns lingüistas, (ɨ) é un fonema diferenciado. Aqui considérase como alófono de /i/.

Consoantes[editar | editar a fonte]

As consoantes danse en parellas diferenciadas entre normal e palatalizada, o que se denomina tecnicamente dura e branda (as consoantes "duras" moitas veces están "velarizadas").

  Bilabiais Labio-
dentais
Dentais e
Alveolares
Post-
alveolares
Palatal Velares
Nasais duras /m/   /n/      
brandas /mʲ/   /nʲ/      
Oclusivas duras /p/   /b/   /t/   /d/     /k/   /g/
brandas /pʲ/   /bʲ/   /tʲ/   /dʲ/     /kʲ/*   [gʲ]
Africadas dura     /ʦ/           
branda         /tɕ/       
Fricativas duras   /f/   /v/ /s/   /z/ /ʂ/   /ʐ/   /x/     
brandas   /fʲ/   /vʲ/ /sʲ/   /zʲ/ /ɕː/*   /ʑː/*   [xʲ]     
Vibrantes dura     /r/      
branda     /rʲ/      
Aproximantes dura     /l/      
brandas     /lʲ/   /j/  

Gramática[editar | editar a fonte]

O ruso é unha lingua flexiva, con seis casos nominais: nominativo, acusativo, xenitivo, dativo, instrumental e locativo. Subsiste un caso locativo para as invocacións relixiosas.

Caso Nome ruso Corresponde a Exemplo Tradución
Nominativo Именительный падеж Quen? Que? "Кто? Что?" (suxeito) Иван читает Xoán le
Xenitivo Родительный падеж De quen? De que? "Кого? Чего?" книга Ивана O libro de Xoán
Dativo Дательный падеж A quen? A que? "Кому? Чему?" я дал книгу Ивану Dinlle o libro a Xoán
Accusativo Винительный падеж Que? Quen? (obxecto) "Кого? Что?" я вижу Ивана Vexo a Xoán
Instrumental Творительный падеж Con quen? Con que? "Кем? Чем?"
e complemento axente nas oracións pasivas
я пишу карандашом
книга прочитана Иваном
Escribo co lápis
O libro é lido por Xoán
Locativo (Preposicional) Предложный падеж Varios complementos я говорю об Иване Falo (acerca) de Xoán

Existen tres xéneros, o masculino, o feminino e o neutro e dous números, o singular e o plural.

Como na maioría das linguas eslavas, o ruso non posúe artigos. O carácter de artigo definido ou de artigo indefinido dao a súa posición en relación ao verbo:

  • Девушка пришла (literalmente "Rapaza chegada") tradúcese por "A rapaza chegou".
  • Пришла девушка (literalmente "Chegada rapaza") tradúcese por "Chegou unha rapaza".

O verbo só ten dúas formas, o presente e o pasado, e catro modos: indicativo, imperativo, xerundio e participio. En presente, o verbo ten seis persoas, suficientemente diferenciadas como para que se prescinda bastante dos pronomes persoais. En pasado, o verbo só ten catro formas: masculino, feminino, neutro e plural, o que significa que os verbos non concordan cos pronomes persoais, senón coas persoas.

O verbo ser/estar (быть) non existe en presente:

  • Зто стол (literalmente "Isto mesa") tradúcese por "Isto é a mesa".
  • Я студент (literalmente "Eu estudante") tradúcese por "Eu son estudante".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua rusa.