Calco léxico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O calco semántico é un procedemento por medio do cal unha lingua incorpora unha palabra doutra naturalizándoa e recompoñéndoa formalmente.

Tamén denominado calco léxico, o calco semántico consiste en tomar o significado dunha palabra procedente da lingua na cal se orixina o préstamo e copialo literalmente na lingua de destino, mais o significante resulta convertido, naturalizado, adaptado ás características gráficas, fonéticas e gramaticais da lingua que o adopta, traducíndoo literalmente da lingua da que provén.

Por exemplo, a expresión fin de semana é un calco semántico da expresión inglesa week-end. Adaptouse ó galego grafica, fonética e gramaticalmente.

Exemplos de calco semántico[editar | editar a fonte]

Do alemán[editar | editar a fonte]

  • Balonmán < Hand-ball.
  • Guerra lóstrego < Blitzkrieg.
  • Concepción ou visión do mundo < Welt-anschauung.

Do castelán[editar | editar a fonte]

  • Garda-agullas < guarda-agujas.
  • Pasarrúas < pasacalles.

Do francés[editar | editar a fonte]

  • Banda deseñada < bande desinée.
  • Facer o amor < faire l'amour.
  • Obra mestra < chef d'oeuvre.
  • Terceiro Mundo < Tiers Monde (termo ideado por Alfred Sauvy).
  • Xefe de cociña < chef de cuisine.

Do inglés[editar | editar a fonte]

  • Aire (a)condicionado < conditionated air.
  • Autoservicio < self-service.
  • Baloncesto < basket-ball.
  • Cabalo de forza < horse-power.
  • Campo a través < cross-country.
  • Cheque de viaxe < traveller-cheque.
  • Ciencia-ficción < science fiction.
  • Computador persoal < personal computer.
  • Corrente en chorro < jet-stream.
  • Estado de benestar < welfare state.
  • Fin de semana < week-end.
  • Guerra Fría < Cold War.
  • Ligazón (en webs) < link.
  • Lúa de mel < honey-moon.
  • Modo ou estilo de vida < way of life.
  • Pano de ferro (a fronteira con os antigos países comunistas) < iron-curtain (designación cuñada por Winston Churchill).
  • Rañaceos < sky-scraper.
  • Rato (de computador) < mouse.
  • Retroalimentación < feed-back.

Do latín[editar | editar a fonte]

  • Descanse en paz < requiescat in pace.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]