Lingua rutena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ruteno (tamén coñecido como eslavónico de chancelaría o ruso occidental), é un termo usado para denominar as distintas variedades do eslavónico oriental faladas no Gran Ducado de Lituania e máis tarde nos territorios eslavos da Mancomunidade Polaco-Lituana.

En ucraíno coñécese como "lingua literaria ucraína antiga" (ucraíno: староукраїнська літературна мова) ou "ruteno" (Rutenśka – рутенська). En ruso denomínase 'lingua escrita rusa occidental' (ruso: западнорусский письменный язык) e en bielorruso coñécese como "lingua bielorrusa antiga" (bielorruso: старабеларуская мова).

Os investigadores non se poñen de acordo en se o ruteno é un idioma diferenciado ou un dialecto occidental do antigo eslavónico oriental, mais no que si están de acordo é en que teñen unha estreita relación na súa orixe. O antigo eslavo oriental era o idioma coloquial da Rus de Kiev (entre os séculos X e XIII).[1] Pode considerarse o predecesor do moderno idioma bielorruso e ucraíno.

Notas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]