Lingua tártara
| Tártaro (татарча, tatarça, تاتارچا) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Rusia, Ucraína, Turquía, China, Finlandia | |
| Total de falantes: | 8 millóns | |
| Familia: | Altaico Túrquico |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Tartaristán | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | tt | |
| ISO 639-2: | tat | |
| ISO 639-3: | tat | |
O tártaro ou lingua tártara (tatar tele, tatarça, татар теле, татарча) é unha lingua túrquica, a lingua dos tártaros. Fálano seis seis millóns de persoas na república rusa de Tartaristán, en Baskiria e outras comunidades de Rusia.
Índice |
Escritura[editar]
Os antepasados do pobo tártaro usaron o alfabeto orkhon. No século X empezou a usarse o alfabeto árabe. En 1927 foi adoptado o yanalif (en ruso: яналиф), un alfabeto baseado no latino, xa que por entón as autoridades comunistas querían latinizar a escritura de todas as linguas da antiga Unión Soviética. En 1939 este alfabeto foi substituído por un baseado no alfabeto cirílico.
O 15 de setembro de 1999 unha lei da república rusa de Tartaristán reintroduciu o alfabeto latino, agora denominado yanalif-2. Pero o 16 de novembro de 2004 o Tribunal Constitucional da Federación Rusa derrogou dita lei por incompatibilidades coa Constitución de Rusia.[1] Polo tanto de iure o alfabeto do tártaro é o baseado no alfabeto cirílico, aínda que moitas veces úsase de facto o alfabeto latinizado.
Clasificación[editar]
O tártaro é unha lingua túrquica, considerada parte da disputada familia altaica de linguas.
Distribución xeográfica[editar]
O tártaro fálase en partes de Europa, Rusia, China, Turquía, Polonia, Ucraína, Finlandia, Estonia e Asia Central.