Lingua ucraína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ucraíno")
Ucraíno (українська мова)
Falada en: Ucraína, e comunidades en Rusia, Polonia, Bielorrusia, Casaquistán, Moldavia, Romanía, Canadá
Rexión do planeta Europa do Leste (principal)
Total de falantes 39.400.000
Posición 26a no mundo
Família lingüística: Linguas indoeuropeas
Grupo balto-eslavo
Linguas eslavas
Eslavo do Este
Ucraíno
Status oficial
Lingua oficial de: Ucraína, e rexión da Transdnístria
Regulada por: Academia Nacional de Ciéncias da Ucraína
Codificacións
ISO 639-1 uk
ISO 639-2 ukr
Véxase tamén: Linguas eslavasLingua

A lingua ucraína (украї́нська мо́ва, transliteración: ukrayins'ka mova [ukrɑ'jinʲsʲkɑ ˈmɔʋɑ]) é unha lingua eslava oriental, unha das tres deste grupo de linguas, xunto ao ruso e o bielorruso. Garda certas similitudes con ámbalas dúas linguas, pero con notables diferenzas.

Índice

Características [editar]

O idioma ucraíno é falado por case cincuenta millóns de persoas en todo o mundo, incluíndo 37,5 millóns en Ucraína (77,8% da poboación ucraína total). Mais só na Ucraína occidental é a lingua que prevalece sobre o ruso. En Kiev fálanse ambas linguas, un cambio notable dende o pasado recente, cando a cidade era principalmente rusoparlante. O cambio foi causado en gran medida pola influencia da poboación rural e as migracións dende as rexións occidentais de Ucraína. No norte e centro de Ucraína, o ruso é a lingua da poboación urbana, mentres que o ucraíno é moito máis común nas zonas rurais. No sur e leste de Ucraína, o ruso prevalece incluso nas áreas rurais, e en Crimea, onde nunca se falou, o ucraíno está case ausente.

Alfabeto [editar]

A a Б б В в Г г Ґ ґ Д д Е е Є є Ж ж З з И и
A a B b V v J j G g D d E e Ye Zh Z z Ɨ ɨ
I i Ї ї Й й К к Л л М м Н н О о П п P p С с
I i Yi I i K k L l M m N n O o P p R r S s
Т т У у Ф ф Х х Ц ц Ч ч Ш ш Щ щ Ю ю Я я Ь ь  ' 
T t U u F f J j Ts Ch Sh Shch Yu Ya

O "Ь ь" non ten son. A súa función é a de de palatizar outras letras, como por exemplo, o Л л (L) eo Н н (N). É dicir, нь se le ñ (como en España) e ль se le ll (como en consello). Tamén pode cambiar un pouco o son doutras consoantes.

O Г г en ucraíno ten un son dun g cando se atopa no medio de dúas vogais, como é o exemplo de "ágata", "Málaga", etcétera, e polo tanto aseméllase moito ao son dunha "j" en castelán pero un pouquiño mais débil. O son G como en "gato" escríbese coa letra Ґ ґ, pero raramente usan esa letra, usando simplemente a Г г, aínda que teña valor fonético diferente.

O Й й ten o son dun i, pero corto, como en "xeito" ou "Mario"

O  '  simboliza unha pausa corta.

Grupos de variantes [editar]

Mapa das variantes e subgrupos do ucraíno (2005).      Grupo setentrional     Grupo sur-oriental     Grupo sur-occidental
  • Grupo setentrional
    • Polesio
      • Polesio occidental
      • Polesio central
      • Polesio oriental
  • Grupo sur-oriental
    • Dniéper (poltavo)
    • Slobozhano
    • Estepa
  • Grupo sur-occidental
    • Volinio
    • Nadsiano
    • Galitziano (ou do Dniéster superior)
    • Lemko
    • Boiko
    • Transcarpático
      • Doliniano
    • Hutsúl
    • Bucovino (pocutio ou pocutio-bucovino)
    • Podolio

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua ucraína.