Tulcea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tulcea
CoaTulcea.png
Tulcea Skyline.jpg
Situación xeográfica
Tulcea en Romanía
Tulcea
Tulcea
País Flag of Romania.svg Romanía
Rexión Dobruia
Condado Tulcea
Xeografía
Altitude 10 msnm
Superficie 115 km² km²
Poboación
Poboación 66644 (2011)[1][2]
Densidade 596 hab./km²
Información
Código postal 820033
Alcalde Constantin Hogea (PD-L)
Páxina web Web oficial

Tulcea (en búlgaro, ruso, e en ucraíno: Тулча, Tulcha; en turco: Hora-Tepé o Tolçu) é unha cidade de 73.707 habitantes (2011) situada na rexión de Dobruia en Romanía. É a capital do condado de Tulcea. Situada as beiras do río Danubio.

Historia[editar | editar a fonte]

Tulcea fundouse no século VIII a.C, baixo o nome de Aegyssos, mencionada por Diodoro.

Ovidio menciónaa en "Epistulae ex Ponto", e dicía que o seu nome procedía do seu fundador, os dacios chamados "Carpyus Aegyssus".

No século I, Aegyssos/Aegyssus foi conquistada polos romanos, que debían establecer unha base para a frota romana que defendera a fronteira do nordeste do imperio, consolidándoo con murallas e torres altas (as ruínas de defensa seguen sendo visibles).

Tras a división do Imperio Romano, quedou baixo o dominio do Imperio bizantino (séculos IV e VI), polo Imperio búlgaro (678-c.1000; 1185-século XIV),[3][4][5][6] por Génova dos (séculos X- XIII), e formo parte do goberno local de Dobruia de Balik (Balica), Dobrotitsa (Dobrotici), e, por un espazo breve de tempo despois de 1390, gobernada polo príncipe Mircea cel Batrân de Valaquia.

No 1416 foi conquistada polo Imperio otomán, e concedida a Romanía, xunto co resto de Dobruia, en 1878. Arredor 1848, Tulcea seguía sendo unha cidade pequena, séndolle concedido o status de cidade no 1860, cando convertese en capital da provincia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Delta do Danubio ocupa a maior parte da provincia, sendo actualmente a reserva da biosfera máis grande da Unión Europea[7][8], existe unha gran cantidade de aves entre elas unha especie de pelicano, que figura no escudo del Delta. A actividade principal é a pesca, e existe o estaleiro de Aker que ocupa á gran parte da poboación.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2011, a poboación de Tulcea é de 66,644 habitantes. A maior parte dos indíxenas búlgaros deixaron a cidade en 1941 por mor do Tratado de Craiova

Etnicidade 2011
All 66,644
Romaneses 61,361 (92.7%)
Rusos lipovanos 1,935 (2.9%)
Turcos 959 (1.43%)
Xitanos 1,048 (1.57%)
Ucraínos 448 (0.67%)
Gregos 225 (0.33%)
Outros 668 (1%)

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Tulcea está irmandada con:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kulturális Innovációs Alapítvány (KIA.hu - Fundația Culturală pentru Inovație). Consultado o 6 de agosto de 2013.
  2. Institutul Național de Statistică din România. iulie 2013. Rezultatele finale ale Recensământului din 2011.
  3. Theophanes, ibid., p.357-358
  4. Nicephorus, ibid., p.34
  5. Laiou, A. E. Constantinople and the Latins (Foreign Policy of Andronicus II, 1282-1328). Cambridge, Mass., 1972.
  6. Brâtianu, G. I. à Cetatea Albă (Akkerman) au debut du XIVeme siècle-Byz, 2, 1926, 153-168
  7. http://madrid.mae.ro/es/romania/949 Embaixada de Romanía en España
  8. http://whc.unesco.org/es/list
  9. "Aalborg Twin Towns". Europeprize.net. http://www.europeprize.net/en/?page_id=5. Consultado o 19 de agosto de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tulcea

Outros artigos[editar | editar a fonte]