Compiègne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Compiègne
Concello de Compiègne
Vista xeral do centro de Compiègne

Compiègne é unha cidade francesa de tamaño medio situada no departamento do Oise, na rexión de Picardía.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Compiègne está situada na confluencia dos ríos Oise e Aisne. Está a 65 quilómetros ao norte de París e, polo tanto, dentro da súa área de influencia. Limita ao oeste polo Oise, ao leste polo bosque comunal de Compiègne, ao norte polo Aisne e ao sur limita con Croix-Saint-Ouen. A estación de tren está situada na beira dereita do Oise.

En Compiègne viven unhas 43.380 persoas (datos de 1999), se ben en toda a área urbana que conforma había nese ano 108.234 habitantes.


Historia[editar | editar a fonte]

Na época galo-romana, Compiègne era un lugar de vao do Oise, onde cruzaban unha rede de vías secundarias na fronteira dos territorios de (Beauvais) e de (Soissons). A ponte atopábase nun lugar chamado o cercado das rosas. O nome de Compiègne vén do latín compendium, que quere dicir 'atallo'.

Co nome de vila real, Compiègne pertenceu á coroa de Francia dende a época dos merovinxios. Pola súa importancia estratéxica e a súa proximidade a París, Compiègne foi sede da sinatura de diversos acordos, tratados e treguas dende antigo tempo, así como doutros importantes acontecementos da historia de Francia. Por exemplo, Xoana de Arco foi apreixada nas súas proximidades, ao tentar cruzar o Oise, e o pazo e o castelo foron utilizados durante un tempo como residencia dos reis de Francia.

O 22 de xuño de 1940, no mesmo vagón en que se asinara o armisticio de 1918, foi asinado o armisticio entre Francia e Alemaña, coa asistencia de Hitler.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]