Vimara Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Vimara Peres na cidade de Porto creada por Salvador Barata Feyo en 1968.

Vimara Pérez, Vimara Peres ou Guímara Peres, nado na Coruña cara ao 820 e finado en Guimarães no 873, foi un nobre galego, conde de Coruña e fundador do Condado de Portugal no século IX.

[editar] Traxectoria

Con importantes posesións no interior da Galicia actual, dirixe o gran salto repoboador ata a liña do río Douro. Fundou o xermolo dun estado feudal ao redor da cidade de Porto que reconquistou ou repoboou, segundo as distintas concepcións do avance cristián cara o sur. Atribúeselle tamén a fundación da cidade de Guimarães (de Vimaranis).

Os reis de Oviedo dirixiran a reorganización do territorio no Baixo Miño e no Bierzo, pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte foise esvaendo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear. Amparándose nunha teórica autorización do rei Afonso III o Magno, fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala no ano 868.

Dirixiu, para estes efectos, o asentamento de colonos e o reparto de terras, restaurou as institucións da Igrexa e consolidou unha nova fronteira despexándoa do perigo árabe. Este labor permitiu o segundo gran salto a cargo doutro gran magnate galego Hermenexildo Guterrez. Estes nobres seguiron vinculados á Galicia orixinaria da que non se desarraigan. En efecto, fortaleceron os seu poder na terra de Amaía, e amplas zonas lucenses. Os monarcas do Reino de Galicia e de León cada vez serán máis dependentes deles.

Unha maxestosa estatua érguese diante da actual catedral da cidade que fundou.

Vimara Pérez
Nacemento: ca 820 Falecemento: 873


Aristocracia galega
Precedido por
Novo Título


Conde de Portucale
868 – 873


Sucedido  por
Lucidio Vimaranis
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas