Afonso I de Portugal
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Afonso I.
Afonso I ou Afonso Henriques, nado en Guimarães ou Viseu cara a 1109 e finado en Coimbra o 6 de decembro de 1185, foi o primeiro rei de Portugal.
Índice |
[editar] Traxectoria
Era fillo de Henrique de Borgoña, conde de Portugal, ao que sucedeu en 1112 baixo o goberno da súa nai, Tareixa de León, logo de enfrontarse militarmente a ela e á Casa de Traba que a apoiaba tomou o poder en 1128, propúxose ampliar o seu Estado a expensas do reino de León, e aliado co rei de Navarra, invadiu o reino de Galiza (1137), chegando a ocupar Tui. Esta campaña rematou cun tratado de paz no que Afonso VII recoñecía a súa autoridade en troques de vasalaxe; logo da batalla de Ourique, os seus soldados proclámano rei o 26 de xullo de 1139.
Antes de ser recoñecido como rei de Portugal, no 1143, D. Afonso I tivo que loitar co seu curmán Afonso VII de León e Castela.
Dedicouse con grande empeño ó engrandecemento do territorio, conquistando terras ós mouros, que ocupaban parte da Península Ibérica, tamén por conquista, dende máis de catrocentos anos. Esta actividade mereceulle o alcume do Conquistador. Ocupou Lisboa (auxiliado polos cruzados), Santarém, Sintra, Almada, Palmela, Alcácer do Sal, Évora e Bexa.
Tal como os seus sucesores, aproveitou os servizos das ordes monástico-militares, para combater os sarracenos e para desenvolver a riqueza do país, que se baseaba na agricultura. As máis famosas foron a Orde do Temple (despois de Cristo), con sé en Tomar, a Orde de Santiago, con sé en Palmela, a Orde de Calatrava, con sé en Avis, e a Orde do Hospital (ou de Malta), con sé no Crato.
Protexeu a fundación de diversos mosteiros, a maior parte deles na rexión entre os ríos Miño e Mondego, en particular beneditinos e do ramo cisterciense; o seu pai dera preferencia á rama cluniacense. No seu tempo construíuse o importante Mosteiro de Alcobaça, un dos máis célebres monumentos relixiosos de Portugal (a súa igrexa é a maior do país).
Casou cunha princesa italiana, Dna. Mafalda de Savoia e Piemonte.
[editar] Boa relación con xudeus
O reinado de Afonso Henriques ficou marcado pola tolerancia cos xudeus. Estes estaban organizados nun sistema propio, representados politicamente polo gran-rabino nomeado polo rei. O gran-rabino Yahia Ben Yahia foi mesmo escollido para ministro das Finanzas de Afonso Henriques, responsábel pola recolecta de impostos no reino. Con esta escolla tivo inicio unha tradición de escoller xudeus para a area financeira e de manter un bo entendemento coas comunidades xudaicas, que foi seguida polos seus sucesores.
[editar] Descendencia
- Pola súa muller, Mafalda de Saboia (1125-1157), que desposou c. 1146:
- D. Henrique (1147-?).
- D. Mafalda de Portugal (1149-1160), tivo o seu casamento programado co rei de Afonso II de Aragón, o que non se efectuou pola morte da infanta.
- D. Urraca (1151-1188), casou co rei Fernando II de León.
- Sancho I de Portugal (1154-1212).
- D. Teresa (1157-1218), despois do casamento chamada Matilde ou Mafalda, casou con Filipe I, Conde da Flandres e despois con Eudes III, Duque da Borgoña.
- D. Xoán de Portugal (1160-?).
- D. Sancha de Portugal (1160-?).
- Filla de Elvira Gálter:
- D. Urraca Afonso, señora de Aveiro (c. 1130-?).
- Outros fillos naturais:
|
Afonso I de Portugal
Nacemento: 25 de Xullo 1109 Falecemento: 6 de Decembro 1185
|
||
| Títulos Reais | ||
|---|---|---|
| Precedido por Novo título |
Rei de Portugal 1139 – 1185 |
Sucedido por Sancho I de Portugal |
| Outros títulos Nobiliarios | ||
| Precedido por Henrique de Borgoña |
Conde de Portugal 1112 – 1139 xunto con Tareixa de Portugal (1112 – 1126) |
Sucedido por Desaparición do título |