Batalla de San Mamede
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Batalla de San Mamede foi trabada no 24 de xuño de 1128, entre o infante Afonso Henriques e as tropas de súa nai, Dona Tareixa e do conde galego Fernando Pérez de Traba, que tentaban controlar o goberno do Condado Portucalense. As dúas faccións confrontáranse no campo de San Mamede, máis exactamente no hoxe dito Campo do Torneio, preto de Guimarães; aquel nome de Campo de Torneio parece descubrir que a batalla non foi tal, senón máis ben un torneo, que dirimíu a querela.
Coa derrota, Dona Tareixa e Fernando Pérez abandonaran o goberno condal, que ficaría agora nas mans do infante e os seus partidarios, desagradando ao bispo de Santiago de Compostela, Diego Xelmírez, que cobizaba o dominio das terras do Sur do Miño. D. Teresa desistía así das ambicións de ser señora de toda a Galiza, transminiana e cisminiana. Existen rumores non confirmados que ela fora aprisionada no Castelo de Lanhoso. Hai ata quen relate as maldicións que Dona Tareixa lanzou ao seu fillo Henrique.