Dijon
Dijon é unha cidade de Francia, capital (préfecture) do departamento de Côte-d'Or e cabeza da rexión da Borgoña. A poboación de Dijon en 2008 era de 151.576 habitantes, segundo estimacións do INSEE, organismo francés de estatísticas, cifra que a convertía na 17ª cidade máis populosa do país.
Posuidora dun rico patrimonio artístico e cultural, « capital dos duques de Borgoña », é unha cidade turística, gastronómica e comercial, "cidade verde", goza dunha viva tradición de intensa vida cultural. Ë tamén unha cidade universitaria e de congresos. Ademais goza dun tecido industrial diversificado, especialmente no sector de servizos.
Os seus habitantes son denominados, en francés, os dijonnais.
Índice |
Xeografía [editar]
Dijon ubícase no nordeste de Francia, a uns 300 km ao surleste de París, na confluencia do río Ouche (afluente do Loira) e o seu afluente o Suzon. Un pegueno rego o Raine é tamén tributario do Ouche. A cidade está atravesada tamén polo canle de Borgoña.
O clima de Dijon é oceánico, mais, doda o seu alonxamento do mar, un tanto continentalizado.
Lugares de interese [editar]
- Porte Guillaume, do século XVIII, situada na praza Darcy.
- Catedral de Saint-Bénigne (século XIV), flanqueada por unha antiga abadía, actualmente Museo Arqueolóxico.
- Os tellados borgoñóns, compostos de tellas multicolor (verdes, negras, amarelas e castañas) decoran moitas edificacións do centro urbano.
Museos [editar]
- Museo de Belas Artes, situado Pazo dos Estados e dos Duques de Borgoña.
- Museo da vida borgoñona Perrin de Puycousin, acolle reconstrucións de escenas da vida cotidiana tradicional e de antigos oficios.
- Museo François Rude, dedicado á vida do escultor romanticista Rude.
- Exposicións Florissimo, cada 4 anos, cita mundial dos afeizoados ás flores.
- Xardín de l'Arquebuse, arrodea o Museo de Historia Natural.
Fillos ilustres [editar]
- 1090: san Bernardo de Claraval, impulsor dos cistercienses.
- 1627: Bossuet, orador sagro e escritor, bispo.
- 1683: Jean-Philippe Rameau, compositor e organista.
- 1784: François Rude, escultor.
- 1832: Gustave Eiffel, enxeñeiro.
- 1875: Henri Bouchard, escultor.